O carril bus da rúa Curros Enríquez, desde a rúa Samuel Eiján até a Avenida da Habana, estará pechado ao tráfico por obras mañá, martes, 4 de febreiro, de 15.00 a 19.00 horas. Durante esta franxa horaria, un dos outros 2 carrís de circulación da rúa Curros Enríquez, que habitualmente teñen sentido de saída da cidade, utilizarase como carril bus, con sentido cara ao centro da cidade. O outro carril manterá o seu sentido de saída do centro urbano.