Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación ultima os días para achegarse no Museo de Pontevedra á...

A Deputación ultima os días para achegarse no Museo de Pontevedra á exposición “É tempo de xogar”

- Anuncio -

O mércores e o venres ás 18:00 horas terán lugar as últimas visitas guiadas a cargo do coleccionista Juan Manuel Alfaya Ocampo

Este domingo 9 de febreiro clausúrase no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra a exposición ‘E tempo de xogar’, unha escolma de arredor de 150 pezas da colección de cerca de 700 xogos e xoguetes do redondelán Juan Manuel Alfaya Ocampo, que van desde finais do XIX ata os anos 60. A mostra está aberta desde o pasado 29 de novembro, con grande éxito de público.

Alfaya Ocampo ofrecerá este mércores e este venres, ás 18:00 h, as dúas últimas visitas guiadas, sen necesidade de reserva previa. Nas visitas, o coleccionista explica detalles e curiosidades arredor dos xoguetes expostos, ademais de ensinar o funcionamento de varios dos autómatas que forman parte da súa colección.

Os xoguetes que forman esta exposición foron creados entre as décadas de 1890 e 1960 e pertencen a marcas españolas tan destacadas coma Rico, Payá, Sanchís, Teixidó, Picó, Casanellas, Seix Barral, Sagarra, Mariquita Pérez e Jecsan. Tamén doutros países, como Gunthermann, Lehmann, Fernand Martin, Arnold, Hess, Tecnos, Strauss, Distler, Bühler, Rossignol, Goso, Marx, Bonnet, Vebe, Lego, Joustra ou Matarazzo.

Aquí atopamos principalmente xoguetes de lata, pero tamén doutros materiais coma chumbo, cartón, madeira ou plástico. Destacan os autómatas, moitos deles centenarios, que reproducen con gran realismo sorprendentes movementos. Tamén os teatros, de marcas como Schreiber, Paluzie e Pellerin-D’Espinal. En definitiva, amósanse xoguetes para todos os gustos, habilidades e temperamentos.

Esta mostra quere ser, desde o propio título, unha invitación a xogar dirixida ás nenas e nenos, pero tamén ás persoas adultas. É unha viaxe no tempo para descubrir os obxectos cos que se divertían xeracións anteriores; as e os cativos sorprenderanse coas cores, os materiais e o enxeño destes trebellos, e as persoas maiores recoñecerán xoguetes da súa infancia cos que quizais non puideron xogar no seu día. Esta é a súa oportunidade de volver vivilos.

Relacionadas

A Deputación de Ourense estrea nova páxina web, facilitando unha relación mais directa coa...

0
A nova páxina é máis visual, con acceso áxil ás diversas seccións e ofrecendo diferentes opcións de navegación como uns menús superior e inferior...

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos...

0
A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Charla informativa sobre acollemento familiar no Centro Cultural Municipal do Porriño

0
• Será este xoves, 6 de febreiro, ás 18.00 horas Estás pensando en acoller pero non tes claro como facelo? Non sabes en que consiste...

Publicacións Relacionadas