Home Xunta de Galicia A Xunta formou o ano pasado máis de 6.000 efectivos das forzas...

A Xunta formou o ano pasado máis de 6.000 efectivos das forzas e corpos de seguridade en 252 cursos

- Anuncio -


— A actividade realizouse a través da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), que se encargou tamén do proceso de selección de policías locais en 29 concellos


— Realizáronse 75 accións formativas dirixidas en exclusiva á Garda Civil, 65 á Policía Local, 20 á Policía Nacional, 5 á Unidade de Policía Adscrita de Galicia e outras 71 a actividades en conxunto entre estes colectivos


— A formación prográmase atendendo as demandas dos diferentes colectivos e orientada a situacións reais nas intervencións

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) formou o pasado ano máis de 6.000 efectivos das forzas e corpos de seguridade en 252 cursos dirixidos a persoal da seguridade pública de Galicia. A través destas accións formativas impartíronse 8.347 horas lectivas co obxectivo de reforzar a preparación das intervencións destes profesionais.

Trátase de cursos destinados á Unidade de Policía Adscrita de Galicia (UPA), a Policía Local, a Garda Civil e a Policía Nacional, no marco do plan de formación continua anual da Academia, no que tamén hai propostas dirixidas aos servizos de emerxencias da comunidade.

Así, ao longo do ano 2024, en colaboración directa coa XV Zona da Garda Civil, formáronse mais de 2.000 axentes deste corpo que traballan en Galicia. Realizáronse 75 cursos, entre os que figuran accións especializadas para unidades como os GEAS (mergulladores) ou as unidades de delincuencia telemática, ademais de formación dirixida a todo o persoal da seguridade cidadá, en materias como violencia de xénero, realizando dous cursos de especialización, informática ou primeiros auxilios.

No que respecta á Policía Nacional, o pasado ano desenvolvéronse 20 cursos nos que se formaron 253 persoas. En atención ás demandas da Xefatura Superior de Policía, a formación enfocouse na especialización na materia de tiro, con oito edicións do curso de tiro policial avanzado. Tamén de xeito descentralizado se formou nas comisarias provinciais a máis de 100 policías no uso do desfibrilador semiautomáitico (DESA). Outras das accións formativas centráronse en liderado e motivación, primeiras actuacións ante incendios, e trato á cidadanía e comunicación.

Formación continua para policías locais
Canto á formación continua para o persoal da Policía Local, ofertáronse 65 cursos nos que se formaron 1.238 axentes. Ademais da actualización en materias que lle son comúns e propias, como a seguridade viaria, a Agasp centrou os plans formativos, atendendo as peticións do propios profesionais, na formación práctica orientada a situacións reais, sendo os cursos mais demandados os de intervención policial, operativa, control de sangrados, uso e manexo de armas brancas e auto protección.

Incidiuse tamén en cursos orientados ao coñecemento da realidade social dos colectivos máis vulnerables e o seu trato: menores, vítimas de violencia de xénero (cun plan de formación propio) persoas maiores, persoas desamparadas, persoas con discapacidade e persoas con trastornos mentais Búscase así orientar e xestionar a formación á práctica máis real posible e próxima a sociedade.

Pola súa banda, 68 axentes da UPA recibiron formación en cinco cursos sobre actualización normativa sobre caza, pesca e furtivismo, condución policial, patrimonio cultural e manexo de instrumentos para a autoprotección.

Tamén se levaron a cabo 71 cursos organizados de forma conxunta para o persoal dos corpos da Policía Local, a Unidade de Policía Adscrita, a Policía Nacional e a Garda Civil con 1.748 persoas diplomadas.

A todas estas actividades súmanse outras 16 destinadas a outros colectivos como o persoal de control de acceso, auxiliares de Policía Local ou vixiantes municipais nas que participaron 780 persoas.

Cursos selectivos
A maiores, a Academia encargouse un ano máis do curso selectivo para os alumnos que superaron o proceso co que optar a prazas de policía local ofertadas de forma centralizada pola Xunta. En 2024 participaron nesta acción formativa preto dun cento de alumnos da 16ª promoción de Policía Local, procedentes de 20 concellos.

Cómpre engadir tamén que o ano pasado unha vintena de axentes superaron na Academia os tres cursos selectivos de acceso ás escalas básica e executivas de inspector e de inspector oficial dos corpos de policía local.

Relacionadas

As Asociacións de entidades da economía social poderá solicitar desde mañá as axudas da...

0
O DOG publica hoxe a convocatoria de 2025 destas achegas, dotada con 330.000 € para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de...

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia oferta 107 prazas para realizar visitas...

0
— A través do programa ‘Descubrindo o Parque Nacional’, a Xunta ofrece seis rutas de temática histórica e ambiental durante os meses de febreiro,...

Rueda pon en valor a capacidade de Galicia de ter empresas competitivas en calquera...

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor a puxanza do tecido económico de Valga e reflexionou sobre a capacidade que ten...

Belén do Campo anima aos negocios e das empresas do sector servizos a solicitar...

0
— Esta farmacia foi beneficiaria do Bono Enerxía Peme, o ano pasado, o que lles permitiu instalar equipos de climatización e luminarias led — A...

A Xunta continuará a vindeira semana os traballos de limpeza e roza nas marxes...

0
― Proseguirán as tarefas en distintas vías de titularidade da Xunta nos seus percorrido polos municipios de Cedeira, Cerdido, Valdoviño, Ordes, Ribadavia, Ourense, Moaña...

A Xunta recorda a Pablo Hinójar como “unha persoa que revolucionou a ximnasia en...

0
_O secretario xeral para o Deporte asiste á I Gala Homenaxe a Pablo Hinójar e recorda que a Xunta entregaralle a Distinción ao Mérito...

Publicacións Relacionadas