Ao detectarse o problema, Alternativa realizou xestións ante a Deputación, deixando sen argumentos a unha oposición mesquiña que celebraba a perda
O erro informático que puxo en perigo unha axuda económica da Deputación para os servizos sociais de Carral foi detectado de inmediato e o Goberno municipal realizou as xestións necesarias para reverter a situación e acabar conseguindo que eses importantes fondos para o funcionamento dos servizos públicos de proximidade non se perdan.
Alternativa dos Veciños realizou as xestións oportunas ante a Deputación e, finalmente, impúxose a sensatez para endereitar o procedemento administrativo e facer viable a asignación deses 209.000 euros para reforzar os servizos sociais do municipio.
A excesiva dramatización política sobre un erro administrativo só revela a falta de altura de miras da oposición no Concello, incapaz de valorar que un simple erro informático pode ser determinante nun momento dado, intentando sacar rédito político, sen preocuparse realmente do dano que se lle podía causar ás arcas municipais.