Home A Coruña O Concello de Oleiros organiza unha ruta da Fervenza do Toxa ao...

O Concello de Oleiros organiza unha ruta da Fervenza do Toxa ao Mosteiro de Carboeiro e visita ao entroido dos Xenerais do Ulla

- Anuncio -

O Concello de Oleiros organiza o vindeiro 22 de febreiro unha ruta desde a Fervenza do Toxa ao Mosteiro de Carboeiro e visita ao entroido dos Xenerais do Ulla, enmarcada no programa Andares por Galicia, a cultura da natureza.

O vindeiro sábado 22 de febreiro terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros, coa Ruta da Fervenza do Toxa ao Mosteiro de Carboeiro e Entroido dos Xenerais do Ulla.

As persoas participantes visitarán puntos de interese como o Sistema fluvial Ulla-Deza, o Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, a Ponte do Demo, a Fervenza do Toxa, a área recreativa, a praia fluvial ou a ponte de A Carixa para rematar cunha visita cultural ao Entroido tradicional dos Xenerais da Ulla.

Este programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

A saída do 22 de febreiro contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23,00 euros.

As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do martes 11 de febreiro ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas. Ocuparanse as prazas por rigorosa orde de solicitude e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros. Formulario preinscrición: https://www.oleiros.org/actividades-culturais/-/asset_publisher/HSJ5LJ3LSSU6/content/id/1357100

Para obter máis información sobre esta ruta e o conxunto do programa é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.

Relacionadas

Gonzalo Castro: “O novo Riazor será un proxecto de cidade, moito máis que un...

0
O concelleiro de Cultura e Turismo participou no Sports World Congress de Barcelona e expuxo o traballo O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro,...

Conta atrás para a XVII edición da Coruña21, coa recollida das camisetas e os...

0
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, adiantou hoxe que nesta edición do medio maratón haberá medalla para as persoas que crucen a meta, en...

Aberto o prazo para participar no Concurso de Comparsas, Carrozas e Disfraces de Entroido...

0
Ata o 26 de febreiro para comparsas e carrozas e ata o domingo 2 de marzo no caso das inscricións para disfraces de grupos,...

O BNG critica ao Goberno do PP pola operación de compra dunha nave industrial...

0
Dende o BNG de Teo consideramos que a operación, por parte do Goberno Municipal, de compra dunha nave industrial abandonada para Centro de Día non...

Accidente sen feridos en Carballo

0
O parque provincial de Carballo recibiu aviso da policía local por mor dun accidente na Avenida da Milagrosa en Carballo onte luns pola tarde....

O Concello de Carral non perderá a subvención provincial de 209.000 euros para Servizos...

0
Ao detectarse o problema, Alternativa realizou xestións ante a Deputación, deixando sen argumentos a unha oposición mesquiña que celebraba a perda O erro informático que...

Publicacións Relacionadas