Home A Coruña Gonzalo Castro: “O novo Riazor será un proxecto de cidade, moito máis...

Gonzalo Castro: “O novo Riazor será un proxecto de cidade, moito máis que un estadio de fútbol”

- Anuncio -

O concelleiro de Cultura e Turismo participou no Sports World Congress de Barcelona e expuxo o traballo

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou este luns e martes no primeiro Sports World Congress, celebrado en Barcelona. Este evento reuniu a diferentes administracións responsables de grandes espazos deportivos, así como a entidades deportivas e empresas e multinacionais especializadas en solucións para recintos.

Gonzalo Castro puxo en valor o traballo levado a cabo polo Goberno de Inés Rey para ser unha das sedes do Mundial 2030. “O novo Riazor será un proxecto de cidade que abarcará moito máis que un estadio de fútbol, dándonos unha nova dimensión internacional”, destacou o edil durante a súa intervención. Castro participou na mesa redonda ‘Active Cities’ xunto con José de la Uz, alcalde de Las Rozas, Borja Vivas, concelleiro de Deportes de Málaga, e Cristina García Torres, directora xeral de Deportes do Goberno de Aragón. Castro tamén estivo acompañado por Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes.
A mesa redonda tivo como fío conductor as instalacions deportivas no contexto do Mundial 2030.

Gonzalo Castro fixo fincapé na importancia de que o proxecto final de reforma do estadio municipal de Riazor para acoller este gran evento se faga “desde a perspectiva de que será un gran espazo multiusos que integre todo tipo de eventos e conte cun plan de negocio sólido”. Castro tamén apuntou a necesidade de que Riazor sexa un proxecto sostible e cunha axenda de actividades ampla, á altura da dos grandes recintos deportivos mundiais.
“O Mundial 2030 supón para A Coruña un legado de modernización a nivel de infraestruturas urbanas e deportivas que será decisivo no desenvolvemento socioeconómico da nosa cidade nas próximas décadas, como supuxo para Barcelona a celebración das Olimpiadas en 1992”, indicou Gonzalo Castro durante a súa intervención

Por outra banda, Castro tamén foi preguntado polo caso de éxito da transformación do Coliseum nun recinto deportivo que poida acoller partidos do Básquet Coruña na liga ACB. “Superamos connota o exame de compaxinar a extensa oferta cultural e musical do Coliseum cun esixente calendario deportivo, dirixindo unha loxística que nos servirá de esperiencia para afrontar proxectos maiores como o do Mundial”, indicou Castro.

Entre as persoas participantes neste congreso estiveron o Director de Estratexia de Microsoft, Jeremy M. Goldberg, o Director de Contido de LaLiga, Roger Brosel, ou a socia de Tecnoloxía, Datos e Análise de PwC, Megan Higgins. Ademais, o evento contou coa participación de empresas como DAZN, Phillips, Legends, Figueras ou SONO.

Relacionadas

Conta atrás para a XVII edición da Coruña21, coa recollida das camisetas e os...

0
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, adiantou hoxe que nesta edición do medio maratón haberá medalla para as persoas que crucen a meta, en...

Aberto o prazo para participar no Concurso de Comparsas, Carrozas e Disfraces de Entroido...

0
Ata o 26 de febreiro para comparsas e carrozas e ata o domingo 2 de marzo no caso das inscricións para disfraces de grupos,...

O BNG critica ao Goberno do PP pola operación de compra dunha nave industrial...

0
Dende o BNG de Teo consideramos que a operación, por parte do Goberno Municipal, de compra dunha nave industrial abandonada para Centro de Día non...

O Concello de Oleiros organiza unha ruta da Fervenza do Toxa ao Mosteiro de...

0
O Concello de Oleiros organiza o vindeiro 22 de febreiro unha ruta desde a Fervenza do Toxa ao Mosteiro de Carboeiro e visita ao...

Accidente sen feridos en Carballo

0
O parque provincial de Carballo recibiu aviso da policía local por mor dun accidente na Avenida da Milagrosa en Carballo onte luns pola tarde....

O Concello de Carral non perderá a subvención provincial de 209.000 euros para Servizos...

0
Ao detectarse o problema, Alternativa realizou xestións ante a Deputación, deixando sen argumentos a unha oposición mesquiña que celebraba a perda O erro informático que...

Publicacións Relacionadas