Home A Coruña Aberto o prazo para solicitar a organización de eventos na planta superior...

Aberto o prazo para solicitar a organización de eventos na planta superior do mercado de San Agustín

- Anuncio -

As persoas e empresas interesadas poderán optar a 12 lotes de explotación do espazo, un por cada mes do ano

O Concello da Coruña vén de publicar nos ultimos días os pliegos para optar á xestión e explotación da planta superior do mercado municipal de San Agustín para a súa dinamización a través da organización de mercadillos, feiras, accións de ocio e todo tipo de eventos. “Desde o Goberno de Inés Rey seguimos a encher espazos emblemáticos da cidade con actividades para todos os públicos, dando a oportunidade ás entidades e emprendedores da cidade de promover eventos tal e como vimos facendo nos últimos anos”, sinala Diana Cabanas, concelleira de Emprego, Comercio e Mercados.

A explotación da planta superior de San Agustín permite, ademais, dar a coñecer os produtos e distintos postos que tenen actividade neste mercado, tanto no interior como no exterior, onde grazas á acción do Goberno de Inés Rey a meirande parte dos espazos están ocupados e a pleno funcionamento. “Buscamos contar con eventos de caracter innovador, favorecendo as actividades comerciais e poñendo en valor o pequeno comercio”, indicou Diana Cabanas.

A esta oferta de explotación, á que se pode optar mediante concorrencia competitiva, poderán presentarse proxectos de mercadillos gastronómicos, artísticos, culturais, artesanais, sostibles, de artículos vintage ou de segundamano, feiras de economía social e outro tipo de eventos. As persoas ou empresas interesadas poderán optar a 12 lotes, coincidindo con 12 fins de semana, preferentemente un ao mes. As entidades licitadoras poderán concurrir ata un máximo de seis dos 12 lotes. A duración da concesión será dun ano, puidendo ser prorrogada por dous anos máis.

As entidades interesadas teñen un prazo de 30 días hábiles, desde a publicación no BOP da convocatoria o pasado venres 31 de xaneiro,para presentar as súas ofertas. Os pliegos da licitación poden ser consultados na páxina web do Concello da Coruña. O Concello vén fomentando todo tipo de eventos nesta planta superior do mercado municipal de San Agustín nos últimos anos, como por exemplo o Mercado das Nubes, Rebel Wine ou Bocatise, así como exposicións como a dos proxectos da Bienal de Arquitectura.

Relacionadas

O BNG apoia as reivindicacións da ANPA do CEIP O Grupo de Ribeira

0
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifesta o seu apoio ás demandas da Asociación de Nais e Pais Santa Uxía do CEIP O Grupo de...

Convenio entre o Concello e o Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da UDC...

0
As primeiras actividades desenvolveranse este mes, dentro do programa Medrando con Apego e na II Feira do Día da Muller e a Nena na...

Ponteceso adicará a totalidade dos fondos do POS a financiar gasto corrente

0
O goberno local indica que “o único que pretende é mellorar a saúde da casa de todos os pontecesáns”. O Concello de Ponteceso celebra mañá...

Camariñas destina 470.000 euros do Plan Único a diferentes obras e gasto corrente

0
● O goberno local levará mañá, mércores (16:30 horas), a pleno a proposta para a súa aprobación. ● Os proxectos son: a segunda fase da...

O bus de doazón de sangue de ADOS recalará este venres pola tarde en...

0
A Unidade Móbil de Doazón de Sangue visitará Neda o venres 7 de febreiro. Durante toda a tarde, de 15:30 a 21:00 h, permanecerá...

María Rivas pon en valor a mellora na seguridade cidadá da Laracha, cunha baixada...

0
 A subdelegada e máis o alcalde, José Manuel López, repasaron os datos de seguridade no concello, que melloraron con respecto ao ano pasado ...

Publicacións Relacionadas