Home Pontevedra O PP de Pontevedra denuncia o estado “lamentable” da Alameda

O PP de Pontevedra denuncia o estado “lamentable” da Alameda

- Anuncio -

• Rey fai fincapé “nas árbores que, cada vez son menos, porque deixan os ocos das que tallan e non as volven plantar e, especialmente, no chan que está impracticable pola lameira e a cantidade de follas que se acumulan nas marxes”

• Os populares dan voz aos veciños que demandan á posta en valor do parque urbano a través da canle de queixas e suxestións ppmellorapontevedra@gmail.com

A concelleira do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Beatriz Rey, volve dar voz aos veciños que lle demandan á formación máis votada da cidade, a través da canle de queixas e suxestións ppmellorapontevedra@gmail.com, que urxa ao goberno local do BNG a mellorar o estado “lamentable” de abandono do mobiliario e da zona verde do parque urbano da Alameda.

A edil fixo fincapé “nas árbores que, cada vez son menos, porque deixan os ocos das que tallan e non as volven plantar e, especialmente, no chan que está impracticable pola lameira e a cantidade de follas que se acumulan nas marxes; o que traslada unha imaxe de falta de interese e neglixencia por parte do Concello”.

Unha vez máis, o PP local esíxelle ao alcalde nacionalista que “se poña a traballar” e que dea a orde de “arranxar os bancos de pedra que están rotos, na parte central da Alameda, e os contedores do lixo que, ademais de ser insuficientes, están vellos e deteriorados”.

O partido de Rafa Domínguez reclamará na próxima Comisión de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos que os responsables municipais da “falta de mantemento dunha dos espazos verdes máis importantes da vila sexa posto en valor á maior brevidade posible”.

Relacionadas

Redondela presenta ao comercio local o plan para facer peonil o casco histórico

0
- A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas,...

Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I...

O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52: “Din rexeitala...

0
A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional...

O Concello de Mos optará a unha liña de crédito da Xunta para acometer...

0
A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo A alcaldesa de Mos,...

O PP profunda no aumento das cifras de criminalidade en Pontevedra e relaciónao coa...

0
• Pardo solicita a activación do Consello Local de Seguridade para que “se adopten medidas urxentes para reverter o incremento de delitos”, ao mesmo...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

Publicacións Relacionadas