Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Ribadumia, Sanxenxo...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa para informar a cidadanía sobre eficiencia e aforro enerxético

- Anuncio -

O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para informar, asesorar e acompañar proxectos relacionados coa eficiencia enerxética

O deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e Finca Areeiro da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís, visitou este xoves os concellos de Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa coa oficina móbil do programa +Renovables, coa que a Deputación está a descentralizar os servizos que se prestan desde a Oficina de Transformación Comunitaria (emprazada no Viveiro de Empresas de Barro) para implicar os pequenos concellos nos retos da sostibilidade. O deputado provincial visitou a instalación móbil xunto cos alcaldes de Ribadumia, David Castro, Sanxenxo, Telmo Martín, e Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán.

A oficina móbil da Oficina de Transformación Comunitaria está a percorrer os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para informar, asesorar e acompañar proxectos relacionados coa eficiencia enerxética desde a súa creación ata a produción e o autoconsumo. Trátase dun vehículo 100% eléctrico onde o persoal técnico do programa informará in situ sobre cuestións de índole legal (redacción e estatutos e normas, cesión de cubertas, revisión de contratos de execución de obras…), técnica (deseño de proxectos de xeración térmica ou eléctrica) e económica (créditos bancarios e outras fórmulas de financiamento…).

+Renovables é unha iniciativa provincial que responde á aposta pola transición enerxética, a sostibilidade e a transformación do territorio. O programa está dotado de 750.000 euros (con 500.000 € de fondos europeos), que se mobilizan como resposta á crise enerxética e á necesidade de impulsar unha nova cultura na que a cidadanía teña unha participación efectiva no sistema enerxético e, ademais, repercuta nun aforro económico tanto para as familias como para as empresas. Actualmente a Deputación tamén está a realizar xornadas de capacitación en todas as comarcas da provincia para afondar en cuestións relacionadas con proxectos de eficiencia enerxética.

A  Oficina de Transformación Comunitaria do programa +Renovables ten un orzamento de 370.000 euros e está financiada con fondos europeos NextGenerationEU para fomentar e impulsar a creación e o desenvolvemento de proxectos de eficiencia enerxética en todas as comarcas da provincia, sendo o medio rural, e especialmente os concellos de reto demográfico, a principal prioridade.

Relacionadas

Redondela presenta ao comercio local o plan para facer peonil o casco histórico

0
- A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas,...

Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I...

O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52: “Din rexeitala...

0
A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional...

O Concello de Mos optará a unha liña de crédito da Xunta para acometer...

0
A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo A alcaldesa de Mos,...

O PP profunda no aumento das cifras de criminalidade en Pontevedra e relaciónao coa...

0
• Pardo solicita a activación do Consello Local de Seguridade para que “se adopten medidas urxentes para reverter o incremento de delitos”, ao mesmo...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

Publicacións Relacionadas