Home Pontevedra O Concello remite á Xunta unha proposta para mellorar a seguridade vial...

O Concello remite á Xunta unha proposta para mellorar a seguridade vial na estrada PO-264

- Anuncio -

Solicita unha reunión coa Consellería para analizar a alternativa municipal, que  recolle a ampliación da calzada e a dotación dunha senda peonil

O Concello de Vilaboa vén de remitir á Axencia Galega de Infraestruturas unha proposta técnica que mellore a seguridade na estrada PO-264 en Paredes, vial da rede secundaria e de titularidade autonómica que une Paredes con Arcade na N-550.

Dando cumprimento a un acordo plenario adoptado pola Corporación Municipal por unanimidade o pasado mes de decembro, o goberno local solicita tamén unha reunión coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para estudar conxuntamente a alternativa elaborada por técnicos municipais e que prantexa a construcción dunha senda segura para os peóns e aumentar o ancho da estrada.

Dende hai varios anos o goberno local de Vilaboa negocia coa Xunta a resolución das principais carencias deste vial que se centran na inexistencia de itinerarios peonís o que pon en risco a seguridade das persoas residentes neste entorno que se ven na necesidade de camiñar pola estrada; a sección insuficiente da calzada, que provoca atrancos debido ao tráfico pesado que soporta o vial e as deficiencias no estado do firme.

O Concello traslada agora á Xunta unha alternativa para mellorar a seguridade viaria no tramo urbano de Vilaboa deste vial que incluiría a execución dun muro de contención de terras para a eliminación do talud entre a estrada autonómica e a N-550. Esta actuación permitiría ampliar a plataforma, distribuíndose entre a ampliación da calzada e a senda peonil. A memoria recolle tamén a execución dunha pasarela peonil anclada ao viaduto sobre a vía do tren.

Esta estrada autonómica, que é un tramo do antigo camiño real que ía de Tui a Santiago e que nalgún tramo coincide coa ruta portuguesa do Camiño de Santiago, ten unha lonxitude de 400 metros no termo municipal de Vilaboa, no que se concentran 10 vivendas unifamiliares e 4 negocios.

O alcalde de Vilaboa confía en que a Axencia Galega de Infraestrutura asuma a redacción do proxecto para solventar os graves problemas de seguridade que padecen os residentes nesta zona e as persoas usuarias do vial. “Levamos varios anos denunciando o perigo que entraña este vial e moitas conversas coa Xunta que é a titular desta estrada para que tome medidas e solvente a situación”. César Poza apunta que excede as competencias municipais calquera actuación nese vial. “Fixemos unha memoria técnica que identifica con detalle cales son as causas que provocan a inseguridade e prantexamos unha alternativa, que permitan aos peóns camiñar por beiravías con seguridade e que facilite ensanchar a estrada para evitar bloqueos dos camións pesados. Entendemos que o seguinte paso xa o ten que dar a Consellería e confiamos en que así sexa”, conclúe.

Relacionadas

Redondela presenta ao comercio local o plan para facer peonil o casco histórico

0
- A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas,...

Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I...

O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52: “Din rexeitala...

0
A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional...

O Concello de Mos optará a unha liña de crédito da Xunta para acometer...

0
A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo A alcaldesa de Mos,...

O PP profunda no aumento das cifras de criminalidade en Pontevedra e relaciónao coa...

0
• Pardo solicita a activación do Consello Local de Seguridade para que “se adopten medidas urxentes para reverter o incremento de delitos”, ao mesmo...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

Publicacións Relacionadas