Os nacionalistas denuncian o estado dos parques infantís do concello.
A proposta presentada polo BNG de Meaño no Pleno do pasado xoves 31 de xaneiro pretendía reafirmar ao municipio na defensa da lingua galega, revisar a actuación municipal en materia lingüística e adherir o concello de Meaño á plataforma en defensa da lingua “Queremos Galego”. Únicamente contou co voto favorable da concelleira do BNG, fronte á negativa da Alcaldía e o seu grupo de goberno, que dende ó regreso ás filas do Partido Popular defenden a ultranza as políticas do goberno do PP na Xunta.
Os nacionalistas lamentan que o PP non recoñeza os erros en materia lingüística e insisten en que a realidade do uso do galego entre os máis novos é alarmante, pois os nenos e as nenas non o falan, perdendo así cada vez máis falantes e deixando de ser, por primeira vez, a lingua máis falada no país.
O desfalco que supón para as arcas do concello a realización de Plenos Ordinarios sen asuntos a tratar debido á falta de organización da Alcaldía, e que provoca a celebración de máis plenos dos previstos, foi criticado pola concelleira Rosana Domínguez, quen pediu planificación.
Os nacionalistas denunciaron tamén o deteriorado estado dos parques infantís, que supoñen un perigo para as criazas do concello, como é o caso do Parque de Simes, e lembráronlle unha vez máis á Alcaldía que ten a obriga de atender aos veciños e veciñas que solicitan a axuda do concello.
A petición do BNG de Meaño, o logotipo de Castelao rezarán na cartelería cultural elaborada polo concello, para conmemorar o 75 aniversario da morte deste nacionalista, quen foi o primeiro Presidente da Galiza no exilio.