Home Vigo O Porriño O concello do Porriño repartirá 18.000 euros entre as comparsas participantes no...

O concello do Porriño repartirá 18.000 euros entre as comparsas participantes no Entroido

- Anuncio -

• Ábrese o prazo de inscrición ata o 14 de febreiro

• Celebraranse desfiles o sábado 1 e martes 4 de marzo e o enterro da sardiña será o mércores 5

O Concello do Porriño activa a conta atrás para a celebración do Entroido. Faino coa publicación das bases do desfile de comparsas con premios á participación para o cal está aberto o prazo de inscrición para todas aquelas agrupacións integradas por un mínimo dunha ducia de persoas, establecéndose dúas modalidades, infantil (ata 12 anos) e adultos (de 13 anos en adiante). As inscricións poden presentarse ata o 14 de febreiro, de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello do Porriño.
“A publicación destas bases é o preámbulo dunha programación que presentaremos nos vindeiros días e que, de seguro, traerá moita diversión a nosa vila. Desfiles, espectáculos, talleres, música e moitas outras actividades pensadas, como sempre, para pequenos e maiores”, explica o concelleiro de Cultura e Festas, Bienvenido Estévez. Na mesa liña amósase o alcalde Alejandro Lorenzo que, un ano máis, anima a toda a veciñanza “a saír a rúa e participar dunha das citas máis destacadas do calendario festivo do noso Concello que cada ano vai gañando forza e na cal combinamos os actos tradicionais con outros máis novidosos e que causen sorpresa, co obxectivo ofrecer un programa completo e diverso dirixidos aos diferentes público””.
Maiores premios
Este ano a cantidade máxima destinada aos premios de participación fíxase en 18.000 euros, 3.000 euros máis que en 2024, que se repartirán ata acadar dita cifra seguindo rigorosamente a orde de inscrición. Aquelas comparsas que desexen participar no Entroido fóra de prazo poderán facelo pero sen opción ao premio por participación. O importe de cada premio determinarase segundo o número de compoñentes da comparsa e que será de 300 euros para aquelas de 12 a 19 integrantes, 500 euros para as compostas por entre 20 e 39 persoas, 800 euros para as de 40 a 55 compoñentes, 1.000 euros para as de 56 a 85 integrantes e para aquelas de 86 compoñentes en adiante a contía entregada será de 1.200 euros.
As comparsas que aspiren ao premio de participación teñen a obriga de estar inscritas e participar nos desfiles do sábado 1 de marzo e do martes de Entroido (4 de marzo), así como no acompañamento do enterro da sardiña, o mércores de cinsa (5 de marzo).
O testamento da sardiña será redactado polas comparsas, cada unha redactará entre 10 e 15 liñas, e tamén poderá participar a veciñanza que así o desexe. O testamento deberá presentarse no primeiro andar do Centro Cultural Municipal nun sobre pechado e dirixido á Concellería de Festas, ata o 20 de febreiro, en horario de 09.00 a 14.00. Unha vez cerrado o prazo o comité de observación elaborará o documento final.

Relacionadas

Redondela presenta ao comercio local o plan para facer peonil o casco histórico

0
- A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas,...

Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I...

O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52: “Din rexeitala...

0
A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional...

O Concello de Mos optará a unha liña de crédito da Xunta para acometer...

0
A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo A alcaldesa de Mos,...

O PP profunda no aumento das cifras de criminalidade en Pontevedra e relaciónao coa...

0
• Pardo solicita a activación do Consello Local de Seguridade para que “se adopten medidas urxentes para reverter o incremento de delitos”, ao mesmo...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

Publicacións Relacionadas