Home Xunta de Galicia A Xunta avanza na elaboración da estratexía Mocidade Activa apostando por un...

A Xunta avanza na elaboración da estratexía Mocidade Activa apostando por un enfoque transversal entre as diferentes áreas de goberno

- Anuncio -

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, mantivo unha reunión de traballo coa directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, e coa directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, co gallo de seguir avanzando no deseño e elaboración da Estratexia Mocidade Activa, unha planificación que se está a deseñar no marco do traballo transversal das diferentes consellerías da Xunta con competencias neste eido.

O obxectivo desta estratexia é mellorar a situación vital das persoas mozas galegas, así como a súa empregabilidade a través de programas de fomento da contratación. Soamente por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a medida contará en 2025 cun orzamento de 20M€, e baixo ela englóbanse todas aquelas achegas encamiñadas ao impulso do emprego xuvenil, entre as que se sitúan, entre outras, o Galicia Emprega Mozos, cun orzamento de arredor de 3,5M€—englobada na convocatoria de Galicia Emprega, dotada en total con 20M€—, ou o Programa Investigo (4,8M€), que fomenta a contratación de investigadores e tecnólogos menores de 30 anos, persoal técnico e outros profesionais en I+D+i.

Relacionadas

Galicia rexistra en 2025 o terceiro mes de xaneiro máis cálido dos últimos sesenta...

0
— O avance do informe mensual de MeteoGalicia indica que a temperatura media para este mes foi de 9,8 graos, polo que se considera...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

A Xunta contribúe a eliminar un punto de vertido de augas residuais no concello...

0
Os técnicos de Augas de Galicia detectaron a incidencia tras a notificación dunha alerta recibida polos servizos de emerxencias A Consellería de Medio Ambiente e...

A Xunta advirte de que o novo mapa concesional de transporte por estrada proposto...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, sinalou hoxe no Parlamento galego que a medida que pretende “impoñer” o Executivo estatal “sen diálogo coas...

Rueda destaca a inversión da Xunta para poñer en marcha a primeira planta pública de Galicia para...

0
 Salienta que as novas instalacións, nas que a Xunta inviste 25 millóns de euros, estarán operativas no segundo trimestre de 2026  A Xunta...

A Xunta convoca o programa aprol economía social con 5M€ para impulsar o emprego...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde 2025 destas achegas, que apoian a incorporación de socios ou traballadores e a quen se...

Publicacións Relacionadas