Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación supervisa en Poio os traballos de conservación de firme na...

A Deputación supervisa en Poio os traballos de conservación de firme na estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO 308

- Anuncio -

A deputada de Infraestruturas, Belén Cachafeiro, visitou xunto co alcalde de Poio, Ángel Moldes, esta actuación na que se están a investir 80.000 euros ao abeiro do acordo marco de obras de conservación de firmes na rede viaria da institución provincial

A deputada de Infraestruturas Públicas, Belén Cachafeiro, supervisou en Poio xunto co alcalde da localidade, Ángel Moldes, as obras que a Deputación de Pontevedra está a acometer na estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO308 na que está a investir 80.000 euros. Estes traballos están incluídos no lote 4 do acordo marco de obras de conservación de firmes na rede viaria da institución que contempla un orzamento total para o conxunto da provincia de 4,5 millóns de euros.

Belén Cachafeiro sinalou que a actuación que se está a executar nesta infraestrutura de titularidade provincial consiste na reposición da capa de rodadura ao longo de 500 metros, actuando nuns 4.000 m2, con aglomerado en quente (AC 16 Surf 50/70 S). Os traballos consisten en operacións de mantemento do firme, así como da súa capacidade portante e da reposición da sinalización horizontal e drenaxe afectadas. “Con estas obras –asegurou Cachafeiro- corríxese o estado do pavimento das estradas provinciais con degradacións, tales como pavimentos escorregadizos, deformados ou con fisuras”.

Nesta mesma estrada provincial, tal e como avanzou a deputada provincial, vanse investir máis de 1,8 millóns de euros nun proxecto de mellora de mobilidade peonil que, entre outras moitas actuacións, executará un itinerario peonil de 1,1 quilómetros de lonxitude, así como permitirá mellorar os sistemas de drenaxe de augas pluviais e abastecemento, soterrar os servizos de telecomunicacións e electricidade, renovar a instalación de alumeado público e executar muros para acadar o ancho de plataforma axeitado. “O proxecto avanza a bo ritmo, está xa en fase de supervisión e coas vistas postas nestes primeiros meses de ano, para asinar o convenio de colaboración co Concello de Poio para poder levar a cabo a actuación canto antes”, destacou Belén Cachafeiro.

Os traballos de conservación de firme na estrada EP-0601 son, tal e como recordou a deputada, só unha das actuacións que a Deputación está a executar nas vías provinciais que atravesan esta contorna ao abeiro do lote 4 do acordo marco de obras de conservación de firmes. Deste xeito, no marco deste lote estase a traballar en estradas provinciais que transcorren polos concellos, ademais de Poio, de Barro, Bueu, Cangas, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes, A Lama, Marín, Moaña, Moraña, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Pontevedra, Redondela, Soutomaior e Vilaboa.

Relacionadas

Redondela presenta ao comercio local o plan para facer peonil o casco histórico

0
- A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas,...

Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I...

O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52: “Din rexeitala...

0
A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional...

O Concello de Mos optará a unha liña de crédito da Xunta para acometer...

0
A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo A alcaldesa de Mos,...

O PP profunda no aumento das cifras de criminalidade en Pontevedra e relaciónao coa...

0
• Pardo solicita a activación do Consello Local de Seguridade para que “se adopten medidas urxentes para reverter o incremento de delitos”, ao mesmo...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

Publicacións Relacionadas