Home A Coruña 21 carballesas protagonizan a exposición “Mulleres guerrilleiras: investigadoras de Carballo”

21 carballesas protagonizan a exposición “Mulleres guerrilleiras: investigadoras de Carballo”

- Anuncio -

A mostra poderá visitarse desde o 8 de febreiro ata o 8 de marzo na rúa Coruña

O sábado 8 de febreiro ás 12.00 horas será inaugurada a exposición Mulleres guerrilleiras: investigadoras de Carballo, unha iniciativa das concellarías de Innovación e Igualdade coa que queremos poñer en valor e divulgar o importantísimo traballo que desenvolven mulleres do noso concello en proxectos de investigación de ámbitos tan diferentes como as enxeñarías, o dereito, a socioloxía, a medicina, a bioloxía, a informática…

A exposición, que estará situada na rúa Coruña, enlazará dúas datas simbólicas: o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se conmemora o 11 de febreiro, e o Día Internacional das Mulleres, o 8 de marzo. Arredor destas dúas efemérides, o Concello de Carballo está a desenvolver diferentes actividades que teñen a finalidade común de impulsar as vocacións STEM entre nenas e mozas, fomentar a incorporación das mulleres a profesións masculinizadas e difundir os avances sociais que se están a acadar grazas ao traballo das investigadoras carballesas.

Pero aínda que esta é a primeira remesa de mulleres guerrilleiras, o noso obxectivo é seguir ampliando a exposición, e mesmo abrila a outros campos nos que as mulleres carballesas son referentes, para seguir facendo fachenda do noso pobo e da nosa xente. As primeiras 21 protagonistas son elas:

1. María Andrade Suárez, investigadora en Socioloxía Urbana e Socioloxía da Cultura e Políticas Culturais. Directora do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación (UDC), coordinadora do Grupo de Estudos Territoriais (GET) e investigadora na Universidade de Barcelona.
2. Pepa Arán Paredes, matemática, modelizadora de riscos en agricultura.
3. Marga Barral Martínez, profesora de Historia contemporánea na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Doutora europea en Historia con Premio extraordinario (2005). Investiga a historia cultural e das identidades.
4. Verónica Bolón Canedo, enxeñeira e doutora en Informática, e investigadora en novos métodos de intelixencia artificial que sexan máis éticos e sostibles.
5. Teresa Búa Zaché, xurista e, nestes momentos, opositora. Investiga sobre a lexislación con perspectiva de xénero.
6. Lucía Díaz Platas, doutora en Biomedicina e Farmacia e Farmacéutica Especialista en Radiofarmacia. Vicepresidenta da CNERF (Comisión Nacional da Especialidade de Radiofarmacia).
7. Désirée Domínguez Pallas, directora do Arquivo Histórico da USC e secretaria executiva da Conferencia de Arquivos das Universidades Españolas.
8. Gloria María Fraga Rodríguez, doutora en Medicina pola Universitat Autònoma de Barcelona. Adxunta de Nefroloxía Pediátrica. Investiga tratamentos para enfermidades renais minoritarias con mal prognóstico.
9. María Gómez Brandón, profesora Titular no Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo. O seu campo de investigación é a bioconversión de residuos orgánicos mediante tecnoloxías de baixo impacto ambiental para tratar, xestionar e valorizar eses residuos.
10. María José Lema Gesto, doutora en Bioloxia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Directora da Sección de Edafoloxía da Estación Fitopatolóxica Areeiro (Pontevedra), que conta con varias liñas de traballo focalizadas en profundar no diagnóstico da nutrición dos cultivos.
11. Sonia Mosteiro Añón, neurorradióloga intervencionista do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña
12. Lara Pallas Quintela, enxeñeira informática e investigadora no eido da astrofísica computacional.
13. Karina Pombo García, xefa dun Laboratorio de Investigación en Oxford. Investiga como as nosas células epiteliais se unen para formar tecidos que nos protexen da entrada de patóxenos afectados nas enfermidades intestinais.
14. Olalla Rama García, enxeñeira informática. Especialista en ciberseguridade: analista e xestora de vulnerabilidades.
15. Jessica Rodríguez Vilar, doutora en Química pola Universidade de Santiago de Compostela. Investigadora Ramón y Cajal en Química.
16. Patricia Seoane Collazo, investigadora posdoutoral no Facultade de Mediciña da Universidade de Tsukuba (Xapón), poñendo o foco na interacción entre os mecanismos que regulan o balance enerxético e o sono no noso cerebro.
17. Eva María Souto García, profesora de Dereito Penal da Universidade da Coruña e membro do grupo de investigación Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI (ECRIM).
18. Lucía Tasende Rodríguez, grao en Física e Química e máster en Materiais e Nano Química. Investigadora en nanomateriais luminescentes
19. Xanel Vecino Bello, profesora e investigadora Ramón y Cajal no departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo especializada na transformación dos residuos e materias primas secundarias en produtos de alto valor engadido, como biodeterxentes e ecoadsorbentes.
20. María Vilanova Pereira, fisioterapeuta. Profesora da Facultade de Fisioterapia da UDC. Doutoranda. Investiga os efectos que a marcha nórdica pode ter en pacientes con asma.
21. Alba Vilariño Porteiro, graduada en bioloxía cun mestrado en biotecnoloxía avanzada. Traballa no Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM) en Culleredo, investigando procesos de biohidrometalurxia.

O acto inaugural, aberto a toda a veciñanza, celebrarase este sábado 8, ás 12.00 horas, na mesma rúa Coruña.

Relacionadas

O Goberno municipal e as Policías Local e Nacional reúnense coa veciñanza para abordar...

0
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, presidiu hoxe unha reunión na que participaron o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro; membros das Policías Local e...

O BNG esixe ao Goberno galego cubrir de inmediato as prazas médicas en Ribeira...

0
O Bloque Nacionalista Galego rexistra novas iniciativas no Parlamento de Galiza para instar ao Goberno galego a atender con urxencia a grave situación sanitaria...

A Coruña acolle o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16 masculino,...

0
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu ao presidente da FGF, Pablo Prieto, na cidade deportiva da Torre – Arsenio Iglesias A Coruña será a...

O Concello licita o servizo de atención ás persoas sen fogar no Centro Social...

0
Os pregos do contrato establecen un horario de atención de 20.00 a 12.00 horas, con énfase no acompañamento ás persoas usuarias e tamén nos...

Detectados en só tres horas cinco positivos en drogas nun control de tráfico conxunto...

0
Policía Local e Garda Civil de Carballo realizaron este martes un control de tráfico conxunto, na liña de colaboración que veñen mantendo ámbolos dous...

Presentado o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub 14 e sub 16 en...

0
O torneo terá lugar do 7 ao 9 de febreiro, sendo o campo municipal de Gallamonde unha das sedes. O Concello de Miño acolleu hoxe...

Publicacións Relacionadas