Home A Coruña A Coruña acolle o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 e...

A Coruña acolle o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16 masculino, coa participación de máis de 1.000 deportistas

- Anuncio -

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu ao presidente da FGF, Pablo Prieto, na cidade deportiva da Torre – Arsenio Iglesias

A Coruña será a sede principal do Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16 masculino entre este venres 7 e o domingo 9 de febreiro. O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu esta mañá a Pablo Prieto, novo presidente da Federación Galega de Fútbol, que estivo acompañado de Juan Luis Villamisar, vicepresidente da FGF.

O campionato reunirá a máis de 1.000 persoas entre xogadores, técnicos, árbitros e voluntarios. Este xoves comezará a chegada dos diferentes equipos autonómicos á cidade. “Este campionato, ademais da súa importancia a nivel competitivo, suporá un grande impacto económico para a cidade polo gran desprazamento de persoas durante a fin de semana”, indicou Manuel Vázquez. Segundo as estimacións da RFEF, máis de 3.000 persoas visitarán A Coruña con motivo deste campionato, contando a familiares e representantes de clubs de todo o país.
“Desde o Goberno de Inés Rey seguimos traballando para que a nosa cidade acolla grandes eventos nacionais a nivel deportivo, grazas a unha extensa e coidada rede de infraestruturas que non para de medrar e mellorar”, sinalou Manuel Vázquez. Do venres ao domingo disputaranse as tres xornadas da fase de clasificación deste torneo, nas categorías Ouro e Prata. O principal escenario será a Cidade Deportiva da Torre – Arsenio Iglesias, mais tamén se disputarán partidos en campos de fútbol de concellos da área de influencia coruñesa, como Arteixo, A Laracha, Culleredo ou Miño.
No campionato participarán, nas distintas categorías e niveis, as seleccións autonómicas de Andalucía, Cataluña, Comunidade de Madrid, Comunidade Valenciana, País Vasco, Castelae León, Navarra, Aragón, Extremadura, Illas Baleares, Illas Canarias, Castela A Mancha, Melilla, Rexión de Murcia, A Rioxa, Ceuta, Asturias, Galicia e Cantabria. Accederán á fase final os primeiros clasificados de cada grupo e categoría. Os encontros desenvolveranse entre o venres ás 9.30 e o domingo ás 13.30 horas.

Relacionadas

O Goberno municipal e as Policías Local e Nacional reúnense coa veciñanza para abordar...

0
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, presidiu hoxe unha reunión na que participaron o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro; membros das Policías Local e...

O BNG esixe ao Goberno galego cubrir de inmediato as prazas médicas en Ribeira...

0
O Bloque Nacionalista Galego rexistra novas iniciativas no Parlamento de Galiza para instar ao Goberno galego a atender con urxencia a grave situación sanitaria...

O Concello licita o servizo de atención ás persoas sen fogar no Centro Social...

0
Os pregos do contrato establecen un horario de atención de 20.00 a 12.00 horas, con énfase no acompañamento ás persoas usuarias e tamén nos...

Detectados en só tres horas cinco positivos en drogas nun control de tráfico conxunto...

0
Policía Local e Garda Civil de Carballo realizaron este martes un control de tráfico conxunto, na liña de colaboración que veñen mantendo ámbolos dous...

Presentado o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub 14 e sub 16 en...

0
O torneo terá lugar do 7 ao 9 de febreiro, sendo o campo municipal de Gallamonde unha das sedes. O Concello de Miño acolleu hoxe...

Paderne destinará case 400.000 euros a mellorar a rede de saneamento en Vilamourel e...

0
 Os investimentos van a cargo da liña do POS+2025 da Deputación e contaron coa unanimidade do pleno  Instalaranse 15 novos pozos para dar...

Publicacións Relacionadas