A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada por técnicos municipais, reuniuse en Santiago de Compostela co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, para tratar sobre a solución definitiva para a urbanización de San Antoíño (na parroquia de Louredo) que require de obras de subsanación das deficiencias da urbanización, onde se inclúen tamén a rede separativa de pluviais e fecais.
A solución que se puxo sobre a mesa para poder acometer as devanditas obras necesarias foi que a administración local opte a unha liña de crédito autonómica a tal fin, para poder realizar os traballos, e que a Comunidade de Propietarios de San Antoíño vaia aboando ao Concello progresivamente o importe investido nos mesmos.
A alcadesa de Mos, Nidia Arévalo, sempre lles manifestou aos veciños de San Antoíño “a man tendida da administración local mosense, que non lles vai dar a espalda nin deixalos sós”. Posicionándose o Concello como mediador para buscar unha solución á recepción das obras da urbanización. Así, agora a administración local optará nunha vindeira convocatoria, a unha axuda da Xunta de Galicia, para poder acometer as obras pendentes.
O Concello de Mos desenvolve neste proceso un papel mediador e de apoio á Comunidade de Propietarios para darlle solución ás deficiencias da Urbanización de San Antoíño. O obxectivo é lograr unha solución definitiva.
A administración local mosense actúa así como mediadora, en aras de axudar a que a subsanación de deficiencias en San Antoíño, sexa unha realidade o antes posible, xa que a vontade municipal sempre foi de man tendida para solventar a problemática da urbanización.