Home Pontevedra O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52:...

O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52: “Din rexeitala pero queren aprobala no PXOM”

- Anuncio -

A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional do novo Plan Xeral que valida o trazado e que non recibiu ningún reparo por parte da Xunta de Rueda

Xabier P. Igrexas: “É incomprensíbel que o PP pida retirar o proxecto ao tempo que demanda con entusiasmo un PXOM que impón estas graves afeccións en Bembrive”

O Bloque Nacionalista Galego afea a “impostura e oportunismo” do Partido Popular a respecto do proxecto de ampliación da autovía A-52. A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa nova autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional do novo Plan Xeral que valida o trazado e que non recibiu ningún reparo por parte da Xunta de Rueda.

Así o afirmou este mércores o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, criticando que o PP local asegure “coa boca pequena” que rexeita o proxecto da nova A-52 mentres cada semana urxe a aprobación definitiva do novo Plan Xeral. “Un PXOM do que nace o trazado da autovía que tronzará a parroquia de Bembrive, e que coa súa conexión en Baruxáns vai ser tamén condición de posibilidade para outro macrovial innecesario como o PO-010, cun impacto brutal en parroquias como Beade”, lembrou.

No mesmo sentido, Igrexas acusou o propio PP de dar o seu visto bo a estes proxectos dende a Xunta de Galiza, ao non advertir ningún reparo nos informes emitidos pola Axencia Galega de Infraestruturas e pola Dirección Xeral de Urbanismo en relación ao novo PXOM de Vigo, que polo momento só contou co voto en contra do Bloque.

“Non é hora de xogos oportunistas nin de imposturas”, defendeu o portavoz municipal nacionalista. “O PP ten que aclarar a súa posición desde xa e confirmar se van votar a prol ou en contra da aprobación definitiva do novo Plan Xeral en caso de que se manteñan a A-52 e a PO-010”, demandou, subliñando que a coherencia en política é un requisito imprescindíbel.

Relacionadas

Redondela presenta ao comercio local o plan para facer peonil o casco histórico

0
- A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas,...

Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I...

O Concello de Mos optará a unha liña de crédito da Xunta para acometer...

0
A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo A alcaldesa de Mos,...

O PP profunda no aumento das cifras de criminalidade en Pontevedra e relaciónao coa...

0
• Pardo solicita a activación do Consello Local de Seguridade para que “se adopten medidas urxentes para reverter o incremento de delitos”, ao mesmo...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

Vilaboa habilita unha canle de whatstpp para facilitar a comunicación coa veciñanza

0
Súmase á APP provincial “Meu Concello” que permite á cidadanía trasladar incidencias ou danos ao Concello desde o teléfono móbil O Concello de Vilaboa habilita...

Publicacións Relacionadas