HomeTabeirósA EstradaNo pleno de onte tratouse unha cuestión principal, sobre a creación dun...

No pleno de onte tratouse unha cuestión principal, sobre a creación dun novo posto de Confianza, o de Xefa de Prensa

- Anuncio -spot_img

No pleno de onte tratouse unha cuestión principal, sobre a creación dun novo posto de Confianza, o de Xefa de Prensa, posto a dedo polo alcalde.

Dende o BNG pensamos que esta é unha decisión que non se pode entender por diferentes motivos:

Por un lado, sabemos que este posto de traballo solo vai cumprir a función de facerlle propaganda ao PP, sen aportar ningún tipo de información de interese aos veciños/as máis alá do que lle saia rendible ao goberno. Cos cartos de todos.

Por outra banda, parécenos que é absurdo e innecesario crear un posto de traballo para realizar unhas funcións que perfectamente poden levar a cabo os membros do goberno, (para iso cobran), sen resultar nun gasto para as arcas municipais. Como sempre, lei do mínimo esforzo.
Hai que ter en conta que unha e outra vez se nos di que non hai fondos para mellorar o servizo e o número de prazas do SAF, para a creación de centros de día ou residencias públicas, coidado das estradas e pistas municipais, etc. Pois agora imos gastar case 50.000 euros ao ano nun posto innecesario. Como dicimos sempre: cuestión de prioridades.

O enorme soldo que se vai asignar á praza tamén é un motivo suficiente para que calquera con un mínimo de responsabilidade se opoña á creación da mesma. Totalmente fóra de lugar e da realidade que vive a xente da Estrada. O goberno, ademais, non xustifica de ningunha maneira este enorme soldo, así que eu deixo aos veciños e veciñas que saquen as súas propias conclusións.

Amais, é curioso que se aproben uns orzamentos hai escasas semanas e que non se teña en conta esta nova praza nos mesmos, cando é evidente que xa sabían que a ían crear. Diciamos que estes orzamentos non reflexaban a realidade do concello. Agora demóstrase.

Para finalizar, por se estes motivos non eran suficientes, o goberno deunos un total de 24h para analizar a proposta, tempo que obviamente non é razonable.

Publicacións Relacionadas