HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación adícalle o 8 de febreiro ás mulleres científicas da provincia,...

A Deputación adícalle o 8 de febreiro ás mulleres científicas da provincia, dentro da súa campaña “8M, mes a mes”

- Anuncio -spot_img

Coincidindo coa cercanía do día 11 de febreiro, data na que se celebra o o Día Internacional das Mulleres e Nenas na Ciencia, a Deputación de Ourense adícalle este mes ás mulleres científicas da provincia

O lema seleccionado para o programa este mes é: “Mulleres conCiencia”, e para personificar e dar visibilidade ás mulleres deste sector na provincia, a muller seleccionada é María Fernández González, doutora en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos pola Universidade de Vigo

Como cada día 8, a Deputación de Ourense continúa coa campaña “8M, Mes a Mes”. Dende a Área de Igualdade da institución provincial  búscase a quebra do teito de cristal nas profesións masculinizadas e a potenciación e importancia do traballo transversal da muller.

Coincidindo coa cercanía do día 11 de febreiro, data na que se celebra o o Día Internacional das Mulleres e Nenas na Ciencia, a Deputación de Ourense adícalle este mes ás mulleres científicas da provincia. O lema seleccionado para o programa este mes é: “Mulleres conCiencia”, e para personificar e dar visibilidade ás mulleres deste sector na provincia, a muller seleccionada é María Fernández González, doutora en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos pola Universidade de Vigo.

A doutora Fernández formouse en “Enxeñería Técnica Agrícola” na Universidade de Vigo, no Campus Auga (Ourense), como ela mesma explica, decidiuse por esta titulación “porque non é só unha carreira técnica, se non que ten algo máis. Ese ‘algo máis’ foi o que realmente me chamaba a atención, xa que podía axudar a diferentes colectivos de persoas.”

Posteriormente, María formuse na Licenciatura en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, o máster de profesorado e o máster en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria para finalmente realizar o Doutorado en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. Dende o seu Traballo Fin de Carreira está moi ligada ao Departamento de Aerobioloxía da Facultade de Ciencias de Ourense, no seu momento dirixido por María Victoria Jato Rodríguez. A día de hoxe todavía continúa traballando neste Departamento da Facultade, liderado na actualidade por Francisco Javier Rodríguez Rajo. María Fernández agradece que “ambos brindáronme a oportunidade de coñecer como a investigación aplicada a diferentes campos se podía trasladar a diferentes sectores, como a agricultura, sanidade ou a sociedade en xeneral, e que dende a Universidade podíamos aportar o noso graíño de area, axudando en diferentes sectores”.

Ademáis, María Fernández colabora activa e intensamente coa Universidade de Vigo en atraer máis usuarios femininos ás carreiras STEAM, aquelas que se centran na integración e combinación de disciplinas relacionadas coa Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artes e Matemáticas.

O “Efecto Matilda”

Na actualidade xa son moitas as científicas que se coñecen e ás que se lle atribúen o mérito que realmente merecen, mais no pasado non era así, motivo principal polo que a Área de Igualdade da Deputación de Ourense adica o 8 de febreiro a estas profesionais. Ao longo da historia innumerables mulleres sufriron o “Efecto Matilda”,  un sesgo de xénero na ciencia que fai referencia á inxusticia de negar ou minimizar os logros das mulleres científicas, cuxos traballos adoitaban atribuirse aos seus compañeiros masculinos, xa sean os seus maridos, outros científicos, irmáns… Algúns nomes destas mulleres que quedaron na sombra do “efecto Matilda” son Rosalind Franklin, Lise Meitner, María Antonia Zorraquino ou Margarita Salas, entre outras moitas.

Publicacións Relacionadas