HomePontevedraO CondadoSalvaterra de Miño fará unha reforma integral, creanndo un espazo totalmente novo...

Salvaterra de Miño fará unha reforma integral, creanndo un espazo totalmente novo no Parque Infantil da Casa de Cultura de Salvaterra

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Salvaterra de Miño aproba os primeiros  proxectos que tramitará polo PLAN + PROVINCIA 2025 por un importe de máis de  446.000 euros. 

Na pasada Xunta de Goberno o Concello de Salvaterra de Miño daba o visto bo ós  primeiros proxectos que tramitará a través das inversións do Plan Máis Provincia 2025.  

Así aprobouse a cofinanciación do Plan Extra por onde se solicitou o proxecto de  humanización do entorno da Capela de San Roque en Cabreira por un importe de  138.410,39€,; a reforma da cuberta da Casa de Cultura de Leirado por importe de  51.420,69€ e a Humanización e mellora do Parque Infantil da Casa de Cultura de  Salvaterra de Miño por 257.092,07, adaptando e mellorando a infraestructura existente,  xerando un espazo novo, moderno e adaptado para os cativos do municipio que incluirá  a instalación dunha pista polideportiva e xogos novos que farán as ledicias dos nenos e  nenas, ademais de cambiar o peche perimetral e o acceso ó mesmo. 

A parte destas obras nas próximas semanas aprobarase tamén un proxecto por 150.000 euros para a reforma da zona de xogos e calistenia do Parque Público A Canuda e un  proxecto de máis de 350.000 euros para asfaltados en viais municipais. 

Salvaterra de Miño é un dos concellos que máis crece da comunidade, cunha poboación  infantil moi importante, son un total de 846 nenos e nenas na franxa de idade de 0 a 10  anos, e polo tanto é unha prioridade para este equipo de goberno continuar traballando  neste ámbito.

Publicacións Relacionadas