Home Pontevedra Baixo Miño Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no...

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

- Anuncio -

A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao público un decálogo para ‘sobrevivir’ á crianza

Este martes 11 a expertas en alimentación Beatriz Robles toma o relevo con ferramentas non tragar calquera cousa nunha charla de balde ás 19.00 h aberta a todos os públicos

A crianza é unha viaxe chea de dúbidas, retos e aprendizaxes. Para aprender a afrontala con serenidade, empatía e sentido, a Semana da Educación de Tomiño abriu a súa décima edición cunha inspiradora conferencia do enfermeiro e divulgador Armando Bastida. Co auditorio de Goián ateigado, Bastida compartiu co público un decálogo de claves fundamentais para educar con respecto e coherencia e non morrer no intento empregando o exemplo do valor, a xestión emocional e adaptando as expectativas á realidade de cada crianza.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, inaugurou esta nova edición agradecendo a implicación de familias, educadores e educadoras, e destacou a importancia de iniciativas que sacan a educación das aulas. “Educar é unha cuestión de todas e todos e coa Semana da Educación compartimos as ferramentas necesarias para ser unha sociedade que educa. Grazas a todas e todos por vir, porque iso é o que fai que este proxecto creza ano a ano”, resaltou.

Dez claves

Durante a súa charla, Armando Bastida puxo o foco en dez claves a través das que poder criar con sentido común, como a importancia de transmitir valores a través do exemplo, porque “a palabra convence, pero o exemplo arrastra”. Tamén alertou sobre o impacto das pantallas na infancia e destacou a necesidade de conectar cos nenos e nenas a través da ollada e da escoita activa. “Para estar nos recordos do futuro, hai que estar nas vivencias do presente”, recalcou.  

Outro dos consellos do experto foron aprender a validar as emocións e xestionar os enfados e rabietas como parte do desenvolvemento infantil, evitar o abuso do ‘non’ para que non perda efectividade e establecer rutinas a través de pequenos trucos como dar opcións pechadas ou marcar momentos de encontro familiar. Pero, sobre todo, resaltou a importancia de aprender de nenos e nenas.

Enfermeiro con máis de 20 anos de experiencia en saúde infantil e educación, Bastida é autor de libros como ‘Soy papá: guía para criar con sentido común’ e creador do proxecto Criar con sentido común, unha plataforma cun equipo de máis de 16 profesionais que xa axudou ao longo deste tempo a máis de 50.000 familias.

Baixo o lema ‘Penso, logo insisto: a educación é a solución’ e máis de 350 persoas inscritas, a Semana da Educación continuará este martes 11 de febreiro cunha nova cita cunha recoñecida experta en alimentación, Beatriz Robles. Coa súa charla ‘Desinformación alimentaria’ tentará dar ao público asistente “ferramentas para que non traguen calquera cousa”. A conferencia será de balde ás 19.00 horas e estará aberta a todos os públicos.

Relacionadas

Sobre a sentenza relativa á Policía Local e a proposta de modificación RPT para...

0
✔️ O Concello de Marín sempre pagou as noites e os festivos á Policía Local concepto de productividade. Isto quere decir que noite feita,...

Soutomaior contrata o proxecto para a rehabilitación integral das casas dos mestres, na Escola...

0
O alcalde Manu Lourenzo sinalou que o obxectivo da actuación, na que o Goberno local prevé realizar un investimento estimado de 200.000 euros, é...

A Deputación avanza que este venres aprobará unha axuda de máis de 100.000 euros...

0
Os deputados provinciais Javier Tourís e Marcos Guisasola visitaron hoxe coa alcaldesa Marta Giráldez as instalacións do campo, que serán reformadas cos recursos do...

A Deputación conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia visibilizando...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, acaba de inaugurar no CIFP Manuel Antonio de Vigo a exposición “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”,...

O concello de Ponteareas e o concello de Salvaterra de Miño solicitan ao Estado...

0
O concello de Ponteareas e o concello de Salvaterra de Miño unen forzas e solicitan 2.036.762€ ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto...

O BNG de Vigo demanda coñecer cantas vivendas protexidas se proxectan no Barrio do...

0
A fronte nacionalista reclama información detallada sobre a modificación aprobada pola concelleira de Urbanismo para pasar de 157 a 181 novas vivendas nesta promoción...

Publicacións Relacionadas