Home A Coruña A falta de alternativa ao Goberno de Inés Rey permitirá a aprobación...

A falta de alternativa ao Goberno de Inés Rey permitirá a aprobación dos Orzamentos na primeira semana de abril

- Anuncio -

As contas presentadas polo Goberno de Inés Rey, de 379 millóns de euros, contemplan un incremento do 4,5% no investimento en materia social

O BNG confirma que non haberá acordo co PP tras votar en contra do dous grupos da cuestión de confianza

O pleno rexeitou hoxe a cuestión de confianza plantexada polo Goberno municipal, unha medida que permitiría a aprobación definitiva dos Orzamentos Municipais 2025 e a súa automática entrada en vigor na primeira semana de abril de non presentarse unha alternativa.
O escenario que se abre agora é un prazo de trinta días durante o cal os grupos municipais do PP e o BNG poderán plantexar unha moción de censura. En caso de que non sexa así, as contas presentadas polo Goberno municipal de cara a este exercicio, de 379 millóns de euros —catro máis que no ano anterior—, serán aprobadas. O propio BNG rexeitou a posibilidade desa moción de censura, o que suporá a automática aprobación das contas máis elevadas coas contará o Concello.
Na súa intervención desta mañá no pleno, a alcaldesa, Inés Rey, instou á Corporación municipal a traballar “con luces longas”. “A nosa obriga é a de seguir avanzando, manter a comunión cunha cidade que está vivindo a súa segunda gran modernización, de novo cun goberno progresista á fronte”, expuxo.
A rexedora lembrou que os Orzamentos Municipais 2025 inclúen partidas fundamentais para dar continuidade a intervencións clave no futuro da cidade, como a rehabilitación da Terraza, que acollerá a sede definitiva da AESIA, o desenvolvemento do proxecto Coruña Marítima —concibido para integrar os peiraos na paisaxe urbana da urbe— e a redacción do plan de remodelación do estadio municipal de Riazor, tamén as achegas municipais a actuacións en clave interadministrativa, como as obras da estación intermodal, o Novo CHUAC e a construción do novo centro de saúde, centro cívico e mercado en Santa Lucía.
Nota de Prensa
Os barrios vertebran a configuración das contas para este ano 2025
O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, apuntou hoxe que os orzamentos deste ano “medran un 4,5% no referente ao gasto social”, e fixo fincapé na atención aos barrios como un dos eixos estratéxicos que vertebran as contas, que estipulan a creación dunha nova rede de Oficinas de Atención Cidadá para catalizar as demandas da veciñanza nos dez distritos da Coruña, facilitando así as consultas e recollida de incidencias para axilizar a súa resolución.
As melloras nos barrios tamén foron abordadas polo miúdo por parte de Lage Tuñas, que lembrou que “no ano 2023 houbo un récord de investimento por parte do Concello, 49 millóns”. Neste sentido, o voceiro do Goberno municipal expuxo que no pasado exercicio, o do 2024, esta cifra foi de 44,5 millóns de euros.
Lage recalcou o desexo do Goberno de Inés Rey de continuar nesta liña, “mais o rexeitamento da cuestión da confianza somete ás e aos cidadáns da Coruña a un retraso de case mes e medio na aprobación do orzamento”, xa que en caso de que non se rexistre unha moción de censura, ao darse luz verde ás contas abrirírase unha fase de consulta pública de 15 días. “Isto quere dicir que, en vez de que os orzamentos entren en vigor un mes e medio antes, será un mes e medio despois”, expresou Lage, que en todo caso destacou a importancia dunhas contas que permitirán realizar investimentos nos barrios da cidade por máis de 53 millóns de euros.

Relacionadas

Evacuado o alumnado do IES de Arzúa debido a un incendio no centro

0
Os bombeiros do parque provincial das Arzúa participaron esta mañá nun operativo provocado por un incendio nun dos aseos do IES de Arzúa. Parte do...

O BNG exixe á Xunta no Parlamento que remate dunha vez coa “situación demencial”...

0
Rosana Pérez reclama o persoal médico que precisan os dous centros nun Pleno ao que asistiron un cento de veciños e veciñas e o...

A Copa de Galicia de Kenpo Infantil se celebrará en Palmeira o vindeiro sábado...

0
Hoxe se presentou a Copa de Galicia de Kenpo Infantil que se celebrará o vindeiro día 15 de febreiro no pavillón Alcalde Torres Colomer...

O VI Certame “Dillo Ben Bonito” encara a súa recta final

0
• O prazo para presentar dedicatorias de amor remata o 12 de febreiro O Concello de Laxe recorda que o vindeiro 12 de febreiro finaliza...

A Banda Municipal de Música ofrecerá xunto a oito estudantes do Conservatorio Superior de...

0
Interpretaranse composicións de Strauss, Mozart ou Chapí A Banda Municipal de Música da Coruña actuará este xoves 13 de febreiro a partir das 20.00 horas...

Abe Rábade presenta este xoves ‘Tempo de cor’ no Teatro Principal

0
O pianista compostelán explora a forza evocadora da cor no seu décimo sexto traballo, na compaña de Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno...

Publicacións Relacionadas