Home A Coruña O VI Certame "Dillo Ben Bonito" encara a súa recta final

O VI Certame “Dillo Ben Bonito” encara a súa recta final

- Anuncio -

• O prazo para presentar dedicatorias de amor remata o 12 de febreiro

O Concello de Laxe recorda que o vindeiro 12 de febreiro finaliza o prazo para participar no VI Certame de Dedicatorias de Amor “Dillo Ben Bonito”. Esta iniciativa, xa consolidada no municipio, premia as declaracións de amor máis emotivas e creativas con 8 noites de aloxamento con almorzo para dúas persoas en establecementos da zona.

O certame, organizado pola Concellería de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura, pretende fomentar a expresión dos sentimentos e dinamizar o turismo en Laxe, especialmente arredor da celebración de San Valentín. As persoas interesadas poden consultar as bases e enviar as súas dedicatorias a través da web oficial do Concello.www.concellodelaxe.com.

Con esta iniciativa, Laxe reafírmase como un destino perfecto para o amor e convida a todas as persoas a participar, demostrando que os sentimentos máis fermosos tamén poden ser recompensados.

Relacionadas

Alberte Pagán recibirá este sábado en San Sadurniño o primeiro premio “Bernardino de Lamas”...

0
O galardón recoñecerá desde este ano a traxectoria de persoas comprometidas co cine non profesional O cineasta ourensán recibirá o premio ao comezo da gala...

Evacuado o alumnado do IES de Arzúa debido a un incendio no centro

0
Os bombeiros do parque provincial das Arzúa participaron esta mañá nun operativo provocado por un incendio nun dos aseos do IES de Arzúa. Parte do...

O BNG exixe á Xunta no Parlamento que remate dunha vez coa “situación demencial”...

0
Rosana Pérez reclama o persoal médico que precisan os dous centros nun Pleno ao que asistiron un cento de veciños e veciñas e o...

A Copa de Galicia de Kenpo Infantil se celebrará en Palmeira o vindeiro sábado...

0
Hoxe se presentou a Copa de Galicia de Kenpo Infantil que se celebrará o vindeiro día 15 de febreiro no pavillón Alcalde Torres Colomer...

A Banda Municipal de Música ofrecerá xunto a oito estudantes do Conservatorio Superior de...

0
Interpretaranse composicións de Strauss, Mozart ou Chapí A Banda Municipal de Música da Coruña actuará este xoves 13 de febreiro a partir das 20.00 horas...

Abe Rábade presenta este xoves ‘Tempo de cor’ no Teatro Principal

0
O pianista compostelán explora a forza evocadora da cor no seu décimo sexto traballo, na compaña de Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno...

Publicacións Relacionadas