Home O Salnés Cambados A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Cambados para...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Cambados para informar a cidadanía sobre eficiencia e aforro enerxético

- Anuncio -

O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para informar, asesorar e acompañar proxectos relacionados coa eficiencia enerxética

O deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e Finca Areeiro da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís, visitou o Concello de Cambados coa oficina móbil do programa +Renovables, coa que a Deputación está a descentralizar os servizos que se prestan desde a Oficina de Transformación Comunitaria (emprazada no Viveiro de Empresas de Barro) para implicar os concellos nos retos da sostibilidade. O deputado provincial reuniuse co alcalde da vila, Samuel Lago, para divulgar esta oficina e as actuacións que +Renovables promove.

A oficina móbil da Oficina de Transformación Comunitaria está a percorrer os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para informar, asesorar e acompañar proxectos relacionados coa eficiencia enerxética desde a súa creación ata a produción e o autoconsumo. Trátase dun vehículo 100% eléctrico onde o persoal técnico do programa informará in situ sobre cuestións de índole legal (redacción e estatutos e normas, cesión de cubertas, revisión de contratos de execución de obras…), técnica (deseño de proxectos de xeración térmica ou eléctrica) e económica (créditos bancarios e outras fórmulas de financiamento…).

+Renovables é unha iniciativa provincial que responde á aposta pola transición enerxética, a sostibilidade e a transformación do territorio. O programa está dotado de 750.000 euros (con 500.000 € de fondos europeos), que se mobilizan como resposta á crise enerxética e á necesidade de impulsar unha nova cultura na que a cidadanía teña unha participación efectiva no sistema enerxético e, ademais, repercuta nun aforro económico tanto para as familias como para as empresas. Actualmente a Deputación tamén está a realizar xornadas de capacitación en todas as comarcas da provincia para afondar en cuestións relacionadas con proxectos de eficiencia enerxética.

A  Oficina de Transformación Comunitaria do programa +Renovables ten un orzamento de 370.000 euros e está financiada con fondos europeos NextGenerationEU para fomentar e impulsar a creación e o desenvolvemento de proxectos de eficiencia enerxética en todas as comarcas da provincia, sendo o medio rural, e especialmente os concellos de reto demográfico, a principal prioridade.

Relacionadas

Tomiño aprende con Beatriz Robles a non tragar con calquera cousa na Semana da...

0
A tecnóloga dos alimentos, nutricionista e divulgadora afondou co público nos bulos que rodean á alimentación e como enfrontarse a eles A Semana da Educación...

O patrimonio cobra nova vida da man de 20 veciños e veciñas do Rosal...

0
13 mulleres e 7 homes continúan coa formación teórico-práctica remunerada en carpintaría e albanelería no obradoiro para persoas desempregadas posto en marcha por ambos...

Xampatito Pato presenta este venres en Tui “Compaña”

0
O Teatro Municipal acolle ás 19 h este espectáculo para público familiar. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4 e...

O concello de Tui finaliza con éxito o seu programa de capacitación dixital

0
Máis dun centenar de veciños e veciñas recibiron o seu certificado tras a formación realizada ao longo de 2024 O Concello de Tui  foi beneficiario...

O Concello de Caldas de Reis colabora na organización da I Semana da...

0
• O programa desenvolto pola logopeda Ana Belén Diz  inclúe, entre outras iniciativas, unha andaina solidaria,  que terá lugar o vindeiro sábado, 15 de...

Mos coida da saúde mental da súa rapazada e imparte obradoiros para mitigar o...

0
107 alumnos/as de 3º curso da ESO do IES de Mos están a recibir pautas para coidar a saúde mental fronte o impacto das...

Publicacións Relacionadas