Home Pontevedra Soutomaior contrata o proxecto para a rehabilitación integral das casas dos mestres,...

Soutomaior contrata o proxecto para a rehabilitación integral das casas dos mestres, na Escola da Oliveira

- Anuncio -

O alcalde Manu Lourenzo sinalou que o obxectivo da actuación, na que o Goberno local prevé realizar un investimento estimado de 200.000 euros, é acondicionar e arranxar as instalacións e dotar de vida e actividade todo o espazo, en pleno centro urbano de Arcade.

O Goberno de Soutomaior xa encargou o proxecto para a rehabilitación integral das antigas casas dos mestres, situadas na Escola da Oliveira. Trátase dunha actuación coa que o Goberno dotará de vida un dos espazos con máis historia do núcleo urbano de Arcade, habilitando as casas para a realización de actividades sociais e culturais e para que sirvan tamén como lugar de encontro e reunión do tecido asociativo do noso concello.

De cara á realización desta obra, o Goberno de Soutomaior ten previsto levar a cabo un investimento aproximado de 200.000 euros, polo que ao tempo que se redacta o proxecto Soutomaior xa traballa de maneira simultánea á hora de buscar fórmulas de financiamento para acelerar os pasos de cara a desenvolver a actuación. O obxectivo do Goberno de Soutomaior e que tanto o propio Concello como o tecido asociativo municipal poidan facer uso destes espazos o antes posible.

Neste sentido, o Goberno de Soutomaior ten xa sobre a mesa diversos proxectos para a rehabilitación e mellora de espazos e barrios do concello. Á recuperación das antigas casas dos mestres súmase a reurbanización, mellora e humanización do Val-Sobral; e a creación dun núcleo de centralidade na Casa do Concello, dotando a casa consistorial dunha praza. Ademais, o Goberno de Soutomaior ten vivos varios proxectos importantes noutras zonas do concello que irá anunciando nas vindeiras datas, co obxectivo de avanzar na transformación rural e urbana de Soutomaior.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “as antigas casas dos mestres están no pleno centro urbano de Arcade e queremos convertelas nun espazo cheo de vida e de actividade. Coa contratación do proxecto de rehabilitación integral damos un primeiro e importante paso para estas instalacións poidan ser usadas polos veciños e veciñas, sumando un novo punto de encontro para o tecido asociativo do noso concello”.

Lourenzo aproveitou o anuncio para agradecer o inxente traballo levado a cabo polas funcionarias municipais para conseguir subvencións que permitan levar a cabo todos os investimentos previstos polo Goberno de Soutomaior. “No Goberno de Soutomaior centramos os nosos esforzos desde o comezo de mandato en incrementar a captación de fondos para levar a cabo a transformación do noso concello e mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas, facendo de Soutomaior un concello punteiro na provincia”.

Relacionadas

Tomiño aprende con Beatriz Robles a non tragar con calquera cousa na Semana da...

0
A tecnóloga dos alimentos, nutricionista e divulgadora afondou co público nos bulos que rodean á alimentación e como enfrontarse a eles A Semana da Educación...

O patrimonio cobra nova vida da man de 20 veciños e veciñas do Rosal...

0
13 mulleres e 7 homes continúan coa formación teórico-práctica remunerada en carpintaría e albanelería no obradoiro para persoas desempregadas posto en marcha por ambos...

Xampatito Pato presenta este venres en Tui “Compaña”

0
O Teatro Municipal acolle ás 19 h este espectáculo para público familiar. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4 e...

O concello de Tui finaliza con éxito o seu programa de capacitación dixital

0
Máis dun centenar de veciños e veciñas recibiron o seu certificado tras a formación realizada ao longo de 2024 O Concello de Tui  foi beneficiario...

O Concello de Caldas de Reis colabora na organización da I Semana da...

0
• O programa desenvolto pola logopeda Ana Belén Diz  inclúe, entre outras iniciativas, unha andaina solidaria,  que terá lugar o vindeiro sábado, 15 de...

Mos coida da saúde mental da súa rapazada e imparte obradoiros para mitigar o...

0
107 alumnos/as de 3º curso da ESO do IES de Mos están a recibir pautas para coidar a saúde mental fronte o impacto das...

Publicacións Relacionadas