Home Pontevedra Caldas O Concello de Caldas de Reis colabora na organización da I...

O Concello de Caldas de Reis colabora na organización da I Semana da Visibilización do Cancro Infantil

- Anuncio -

O programa desenvolto pola logopeda Ana Belén Diz  inclúe, entre outras iniciativas, unha andaina solidaria,  que terá lugar o vindeiro sábado, 15 de febreiro, desde as  10.30 horas 

O alcalde, Jacobo Pérez, salienta a importancia de  consolidar e impulsar iniciativas que faciliten a axuda e a  dar visibilidade ás familias das crianzas enfermas 

O Concello de Caldas de  Reis colabora na organización da I Semana da Visibilización do Cancro  Infantil, unha novidosa iniciativa que se celebra desde onte luns na vila  termal e que conta cun programa con varias actividades, todas elas  encamiñadas a dar a coñecer entre a sociedade cuestións e pautas  vencelladas a esta enfermidade. A proposta está impulsada pola  logopeda Ana Belén Diz Paseiro e estreouse cunhas charlas coloquio 

no Auditorio Municipal, que se centraron en diferentes aspectos desta  doenza. Nestas sesións tomaron parte expertos como Carmen F.  Morante, que falou sobre o Proxecto Ability, e responsables da Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia (AGANOG). Estes  coloquios contaron coa asistencia do alcalde, Jacobo Pérez, que quixo  poñer en valor o traballo realizado por Ana Belén Diz para poñer en  marcha esta iniciativa, coa axuda da Administración local. “En canto nos  prantexou as actividades que quería desenvolver non dubidamos en  ceder espazos públicos e axudar en todo o que fose posible. É unha  iniciativa importante, que axuda a visibilizar unha doenza que, por  desgraza, padecen moitos nenos e nenas de diferentes idades. É  necesario poñer o foco no esforzo que realizan as familias con enfermos  e enfermas de cancro e achegar ferramentas para poder axudalas”,  recalcou. 

Precisamente, estas xornadas contan cunha iniciativa altruísta, destinada á recadación de fondos para AGANOG. Trátase da I Andaina  Solidaria Polo Día Internacional do Cancro Infantil ‘Camiña con Nós’,  que terá lugar o vindeiro sábado, día 15 de febreiro, desde as 10.30  horas. Para poder inscribirse basta con realizar unha doazón de 5 euros, que se pode facer a través de Bizum (código 11243) ou  realizando un ingreso na conta ES61 2100 1453 2102 0025 9900,  poñendo como concepto nome e apelidos da persoa que realiza a  achega e engadindo as palabras ‘Andaina Caldas’. A expedición partirá  das inmediacións da Tafona e realizará un percorrido sinxelo por  diferentes lugares da vila.

Dentro da programación na que colabora o Concello de Caldas de Reis  hai que engadir tamén outras actividades que se realizan na clínica de  Ana Belén Diz Paseiro ou no Auditorio, que mañá acollerá un obradoiro  emocional para xogar, conectar e gozar en familia, da man de Baia  Fernández e Cristina Núñez. Un concurso de fotografía, unha sesión de  elaboración de pulseiras ou unha proposta para a doazón de libros con  mensaxes especiais son outras das actividades desta primeira edición  da programación. 

Jacobo Pérez salienta a boa participación nas primeiras citas e confía  en que as condicións meteorolóxicas acompañen e se viva “unha mañá  de solidariedade” o vindeiro sábado cando se celebre a andaina.

Relacionadas

Tomiño aprende con Beatriz Robles a non tragar con calquera cousa na Semana da...

0
A tecnóloga dos alimentos, nutricionista e divulgadora afondou co público nos bulos que rodean á alimentación e como enfrontarse a eles A Semana da Educación...

O patrimonio cobra nova vida da man de 20 veciños e veciñas do Rosal...

0
13 mulleres e 7 homes continúan coa formación teórico-práctica remunerada en carpintaría e albanelería no obradoiro para persoas desempregadas posto en marcha por ambos...

Xampatito Pato presenta este venres en Tui “Compaña”

0
O Teatro Municipal acolle ás 19 h este espectáculo para público familiar. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4 e...

O concello de Tui finaliza con éxito o seu programa de capacitación dixital

0
Máis dun centenar de veciños e veciñas recibiron o seu certificado tras a formación realizada ao longo de 2024 O Concello de Tui  foi beneficiario...

Mos coida da saúde mental da súa rapazada e imparte obradoiros para mitigar o...

0
107 alumnos/as de 3º curso da ESO do IES de Mos están a recibir pautas para coidar a saúde mental fronte o impacto das...

O concello de Nigrán realiza este domingo unha reforestación no parque forestal ‘Os Matos-Río...

0
Desenvolverase na zona das Rozadas (Chandebrito) desde as 10:00 horas e os voluntarios deben inscribirse previamente no mail hola@plantalo.org A organización Plantalo.org, que ten plantando máis...

Publicacións Relacionadas