Os bombeiros do parque provincial das Arzúa participaron esta mañá nun operativo provocado por un incendio nun dos aseos do IES de Arzúa.
Parte do alumnado e o corpo docente tivo que ser evacuado do interior do centro, malia non haber persoas en risco, debido á concentración de fume. O operativo consistiu na extinción e na ventilación do segundo e o terceiro andar.