Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López afirma que a 60 Exposición Internacional da Camelia será “unha...

Luis López afirma que a 60 Exposición Internacional da Camelia será “unha festa” que amosará ao mundo a riqueza e as enormes posibilidades da flor das Rías Baixas

- Anuncio -

O presidente da Deputación, acompañado polo deputado Javier Tourís, presenta o programa da sesenta edición do evento que terá lugar os días 22 e 23 de febreiro no Recinto Feiral de Pontevedra

Desde a Finca Areeiro, onde florecen 400 variedades de camelia, anunciou un programa con premios para os produtores, obradoiros para nenos e degustacións de té

“Temos espallados por toda a provincia verdadeiras xoias botánicas incluídas na Ruta das Camelias que convido a completar, porque son mostra dese paraíso interior que fan das Rías Baixas un destino único ao que todo o mundo quere volver”, afirma López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salienta a camelia, “a flor das Rías Baixas”, como un dos máis grandes atractivos turísticos que ofrece o interior da provincia de Pontevedra. Fíxoo na Estación Fitopatolóxica do Areeiro, un centro dependente da Deputación e punteiro na investigación e innovación relacionada con distintos cultivos, con motivo da presentación do programa da sesenta edición do concurso exposición internacional da Camelia que organiza o organismo provincial e terá lugar os días 22 e 23 de febreiro no Recinto Feiral de Pontevedra. “A camelia é un dos nosos máis grandes tesouros: unha flor que florece de máis de 400 formas distintas nestes xardíns do Areeiro ou nos do Castelo de Soutomaior, e de máis de 1.500 na provincia; unha planta coa que producimos un té único, o “Té Areeiro”; e unha riqueza botánica que motiva a celebración dun evento propio, singular e de impacto mundial: o concurso exposición da camelia”, explicou o mandatario provincial, que estivo acompañado polo deputado responsable da Finca Areeiro, Javier Tourís.

O Concurso Exposición Internacional da Camelia é un evento impulsado pola Deputación de Pontevedra desde o ano 1965 e que se celebra de xeito anual e rotatorio nas cidades de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía. Este ano, o certame cumpre sesenta edicións e se celebrará os días 22 e 23 de febreiro no Recinto Feiral da cidade do Lérez. O programa comeza o día 22 ás 18.30 horas coa inauguración do certame e unha hora máis tarde terá lugar a entrega de premios, na que a Deputación repartirá 5.000 euros en seis categorías para recoñecer o labor dun total de 26 produtores. Para o día 23 están previstos obradoiros e xogos infantís e, ás 11 horas, unha degustación de té de camelia seguida dunha demostración culinaria a cargo do chef Miguel Mosteiro. A clausura desta sesenta edición do certame está prevista para as 20 horas. “Unha verdadeira festa da camelia que exportamos desde as Rías Baixas a todo o mundo”, resumiu López.

Con motivo da presentación deste evento na Estación Fitopatolóxica do Areeiro, o presidente provincial destacou que se trata dun “centro punteiro e de referencia” na investigación e innovación en todo relacionado cos cultivos. Así mesmo, trasladou publicamente o “recoñecemento” a todo o persoal que traballa nesta estación por “contribuír a unha provincia máis rica, diversa e moderna, tanto no cultivo da camelia, como no coidado dos nosos viñedos e plantas”.

A campaña de promoción do destino turístico Rías Baixas da Deputación para este céntrase en dar a coñecer a riqueza do interior da provincia, no que a camelia é un dos máis importantes atractivos. “Nunca me cansarei de dicilo: Vivimos nun paraíso extraordinario composto por 61 concellos —todos eles excelentes e cuns atractivos excelentes— que paga a pena coñecer. Esta Estación do Areeiro, o veciño Pazo de Lourizán ou o Castelo de Soutomaior son espazos privilexiados para desfrutar dun dos nosos máis grandes atractivos naturais. Pero non son os únicos, temos espallados por toda a provincia verdadeiras xoias botánicas, incluídas na Ruta das Camelias, que convido a completar, porque son mostra dese paraíso interior que fan das Rías Baixas, un destino único ao que todo o mundo quere volver”, concluíu o presidente Luis López.

Relacionadas

O presidente da Deputación, Luis Menor, presenta a primeira Oficina Termal AVE de España...

0
A Oficina Termal AVE, situada no punto con maior tránsito de persoas de toda a provincia, será un espazo con referencias visuais e sonoras...

O vicepresidente Rafa Domínguez participa na visita ao pazo de Lourizán co equipo gañador...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves na visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao pazo de Lourizán co equipo...

0
As Neves avanza na rehabilitación urbana e confirma a inminente licitación do enlace de Setados coa PO-400 • O goberno municipal reuniuse coa Conselleira de ...

Este San Valentín, en Nigrán, teatro para amantes e “desamantes”

0
O grupo amateur de teatro Denigrantes Comediantes regresa ao  Auditorio Municipal do Concello de Nigrán coa súa obra teatral Te amaré hasta que te...

A Deputación é seleccionada para optar aos Premios Ondas Globais do Podcast co proxecto...

0
O programa provincial é un dos cinco finalistas na categoría de Podcast en Lingua Cooficial, e os gañadores coñeceranse o próximo 12 de marzo O...

A Deputación organiza esta fin de semana novas saídas do programa Lecer en familia...

0
As estancias programadas este 14 e 15 de febreiro levarán a familias de 15 concellos ao Hotel Bahía de Baiona, ao Carlos I de...

Publicacións Relacionadas