Home Xunta de Galicia Xosé Merelles salienta os máis de 47M€ que destina a Xunta de...

Xosé Merelles salienta os máis de 47M€ que destina a Xunta de Galicia para modernizar e apoiar a creación de establecementos de aloxamento e restauración

- Anuncio -
  • Fixo balance do apoio de Turismo de Galicia aos hoteis, pensións, casas de turismo rural, cámpings e albergues e anunciou un incremento de 1M€, ata os 4,5M€, para a convocatoria que se abre hoxe ata o 11 de marzo
  • Búscase mellorar a calidade, sostibilidade, dixitalización e modernización do sector turístico galego

“A Xunta de Galicia aposta por un sector turístico no que a mellora da calidade e da competitividade sexan constantes á hora de garantirlle ao turista unha excelente experiencia”. Así o puxo de manifesto o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, no decurso dunha visita ao Hotel Terra Galega Meiga de Monforte de Lemos, na que salientou que o Goberno galego destinou máis de 47 millóns de euros o pasado ano e este 2025 en liñas de apoio para mellorar a calidade, a sostibilidade, a dixitalización e a modernización dos establecementos de aloxamento e restauración galegos. Xosé Merelles estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Neste sentido, destacou que, con este investimento, a Xunta de Galicia está a contribuír a mellorar a accesibilidade, confort ou eficiencia enerxética de diferentes hoteis, pensións, casas de turismo rural, albergues ou campings galegos na súa aposta por aumentar a competitividade do sector e velar pola boa experiencia dos viaxeiros, dentro dos obxectivos marcados na Estratexia de Turismo de Galicia 2030. Así, na provincia de Lugo, Xosé Merelles salientou que se investiron máis de 3,3M€ en distintas axudas no pasado ano.

Ademais, o director de Turismo de Galicia referiuse a liñas de axuda como a que hoxe abre o prazo e permite a mellora de infraestruturas de establecementos de aloxamento e restauración. “Como novidade, este ano destinamos 1M€ máis, co que o sector contará con 4,5M€ para estas actuacións”, explicou recordando que as empresas interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o 11 de marzo.

O director de Turismo de Galicia anunciou tamén que este ano se lanzará a convocatoria dunha nova liña de apoio que pretende impulsar proxectos tractores cunha dobre finalidade: a creación de establecementos turísticos e a realización de grandes obras de reforma. Finalmente, Xosé Merelles referiuse ao Plan de Turismo Termal que tamén ten entre o seus obxectivos convocar axudas para novos establecementos termais e a mellora e renovación dos xa existentes. En total, sumará esta última, 8 millóns de euros.

Actuación financiada no 40%

O Hotel Terra Galega Meiga foi beneficiario dunha axuda de Turismo de Galicia para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento e de restauración, pola cal a Xunta financiou o 40% do custe da actuación. En concreto, neste establecemento realizáronse obras de mellora da accesibilidade, coa instalación dun ascensor, mellorouse o illamento substituíndo a carpintería interior e exterior; optimizouse a climatización e avanzouse en atención á diversidade con actuacións de mellora e construción de aseos para minusválidos.

En total, o pasado ano beneficiáronse desta convocatoria un total de 112 establecementos galegos, dos que 87 eran de aloxamento e 35 de restauración.

Relacionadas

A Xunta publica a nova convocatoria de axudas aos concellos para efeciencia enerxética dotada...

0
Anunciouno o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, quen visitou Monforte de Lemos para coñecer as melloras previstas ao abeiro da anterior...

A directora Mar Coll protagoniza unha nova sesión do ciclo sobre cine e perspectiva...

0
A directora catalá Mar Coll protagonizou na tarde de onte un novo cheo na Filmoteca de Galicia con motivo da presentación e proxección da...

A Xunta insta ao Goberno central a concluír xa o traspaso dos recursos precisos...

0
— O ministro de Política Territorial e Memoria Democrática comprometeuse a continuar sen demora con este proceso na súa resposta á carta enviada polo...

As axudas extraordinarias da Xunta para o retorno de persoas emigrantes poderán solicitarse desde...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2025 destas achegas dotada cun crédito inicial de 2,3 M€ —que se poderá reforzar...

A Xunta presenta a Estratexia Galega de Infraestrutura Verde e avanza na súa execución...

0
As entidades locais poderán solicitar en febreiro achegas de ata 60.000 euros para impulsar refuxios climáticos a nivel local, aumentar a biodiversidade dos espazos...

A Xunta aposta pola mocidade para celebrar o Día Europeo do 112 cunha xornada...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participa nas actividades organizadas no Instituto de Educación Secundaria Ribeira do Louro, onde incidiu na...

Publicacións Relacionadas