Home Pontevedra O BNG esixe retirar o proxecto Vigo Arena do novo PXOM por...

O BNG esixe retirar o proxecto Vigo Arena do novo PXOM por destruír unha gran zona verde en Navia

- Anuncio -

A fronte nacionalista traslada o seu apoio á loita da plataforma ‘Salvemos a Barroca’ en defensa de 25 mil metros cadrados de bosque ameazados pola obra de Abel Caballero

Denuncia que o Goberno local “colou pola porta de atrás” este proxecto no novo PXOM, recualificando unha zona verde como dotacional, e sen posibilidade de alegación veciñal

Xabier P. Igrexas: “Ningún mausoleo para macroconcertos como o Vigo Arena pode xustificar un arboricidio a grande escala”

O Bloque Nacionalista Galego esixe a retirada do proxecto Vigo Arena do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), pendente da aprobación definitiva. A fronte nacionalista vén de trasladar o seu apoio á loita da plataforma ‘Salvemos a Barroca’, coa que mantivo un encontro, en defensa de 25 mil metros cadrados de bosque, na carballeira de Casaliños en Navia, ameazados pola obra.

“É irracional que Abel Caballero pretenda arrasar cunha zona verde para a converter nun espazo de cemento para usos dotacionais”, criticou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, reivindicando que o Bloque foi a única forza política que se opuxo a este proxecto, nun enclave de elevado valor ambiental con máis de 40 especies de aves rexistradas, durante a aprobación provisional do novo Plan Xeral.

A este respecto, Igrexas lembrou que o Goberno local “colou este atentado ambiental pola porta de atrás” na tramitación do PXOM, recualificando este ámbito que figuraba como zona verde na aprobación inicial pero que pasou a dotacional na provisional. “Un cambio sen ningún tipo de transparencia e impedindo a participación da veciñanza, que só puido alegar contra o documento inicial e non contra esta modificación”, afeou.

O portavoz municipal nacionalista advertiu que “ningún mausoleo para macroconcertos como o Vigo Arena pode xustificar un arboricidio a grande escala”. En particular, asegurou, nun ámbito como Navia que xa soporta unha importante urbanización que supuxo a desaparición de espazos naturais “que non se poden suplir con pequenas zonas axardinadas”.

Por estes motivos, dende o Bloque reiteraron a demanda de que o Goberno de Caballero rectifique o documento do novo PXOM para retirar este e outros proxectos que “queren condenar Vigo a un modelo de cidade gris cemento”. Defendeu, no sentido contrario, un planeamento que permita que Vigo avance cara a unha cidade “moito máis verde e sustentábel” que enfronte a situación de emerxencia climática, declarada formalmente en 2019 por acordo unánime do Pleno co “cínico” voto a prol do PSOE. 

Relacionadas

O vicepresidente Rafa Domínguez participa na visita ao pazo de Lourizán co equipo gañador...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves na visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao pazo de Lourizán co equipo...

0
As Neves avanza na rehabilitación urbana e confirma a inminente licitación do enlace de Setados coa PO-400 • O goberno municipal reuniuse coa Conselleira de ...

Este San Valentín, en Nigrán, teatro para amantes e “desamantes”

0
O grupo amateur de teatro Denigrantes Comediantes regresa ao  Auditorio Municipal do Concello de Nigrán coa súa obra teatral Te amaré hasta que te...

A Deputación é seleccionada para optar aos Premios Ondas Globais do Podcast co proxecto...

0
O programa provincial é un dos cinco finalistas na categoría de Podcast en Lingua Cooficial, e os gañadores coñeceranse o próximo 12 de marzo O...

A Deputación organiza esta fin de semana novas saídas do programa Lecer en familia...

0
As estancias programadas este 14 e 15 de febreiro levarán a familias de 15 concellos ao Hotel Bahía de Baiona, ao Carlos I de...

Abanca Cimag-GandAgro 2025 explicará innovadores proxectos en distribución sostible de xurro e monitoreo de...

0
• SERÁ EN DÚAS XORNADAS ORGANIZADAS POLO CAMPUS TERRA DE LUGO E A ASOCIACIÓN AGRARIA DE GALICIA (ASAGA) • ESTA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA,...

Publicacións Relacionadas