Home Pontevedra Vilaboa renoba 105 iluminarias no Alcouce e Barciela para mellorar a eficiencia...

Vilaboa renoba 105 iluminarias no Alcouce e Barciela para mellorar a eficiencia enerxética

- Anuncio -

O investimento supera os 37.000 euros e reducirá o coste do alumeado público

O Concello de Vilaboa segue a traballar na mellora da eficiencia enerxética do municipio cun proxecto que implica a sustitución das luminarias actuais por outras led, de menor consumo, nos lugares de Alcouce (Figueirido) e Barciela (Santa Cristina de Cobres).

Nestes días comezará a colocación de 6 luminarias de alumeado público viario LED de 58W de potencias e outras 99 de 39W de potencia que se colocarán nos viais destes dous núcleos trala retirada das farolas actuais. Instalaranse nos postes existentes, renovando tamén parte dos brazos de ancoraxe e cun investimento que supera los 37.469 euros.

Esta actuación no Alcouce súmase á executada xa en Bértola, na Ramalleira, na Saxosa e na Rialiña onde as farolas obsoletas foron reemplazadas por luminarias LED reducindo o consumo e, polo tanto, o costo da iluminación pública para a administración local. Investimentos similares fixeronse tamén no resto das parroquias de Vilaboa.

Para César Poza, alcalde de Vilaboa, esta nova actuación supón un avance importante no proxecto de eficiencia enerxética que o goberno local prevé desenvolver en Vilaboa e que aparece recollido no Plan de Acción para o Clima asumido pola administración local. “Unha das nosas prioridades é adecuar as instalacións de uso público para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas e coidar o entorno municipal e nese sentido esta obra que imos acometer de inmediato é sen dúbida un paso adiante”.

Relacionadas

O vicepresidente Rafa Domínguez participa na visita ao pazo de Lourizán co equipo gañador...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves na visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao pazo de Lourizán co equipo...

0
As Neves avanza na rehabilitación urbana e confirma a inminente licitación do enlace de Setados coa PO-400 • O goberno municipal reuniuse coa Conselleira de ...

Este San Valentín, en Nigrán, teatro para amantes e “desamantes”

0
O grupo amateur de teatro Denigrantes Comediantes regresa ao  Auditorio Municipal do Concello de Nigrán coa súa obra teatral Te amaré hasta que te...

A Deputación é seleccionada para optar aos Premios Ondas Globais do Podcast co proxecto...

0
O programa provincial é un dos cinco finalistas na categoría de Podcast en Lingua Cooficial, e os gañadores coñeceranse o próximo 12 de marzo O...

A Deputación organiza esta fin de semana novas saídas do programa Lecer en familia...

0
As estancias programadas este 14 e 15 de febreiro levarán a familias de 15 concellos ao Hotel Bahía de Baiona, ao Carlos I de...

Abanca Cimag-GandAgro 2025 explicará innovadores proxectos en distribución sostible de xurro e monitoreo de...

0
• SERÁ EN DÚAS XORNADAS ORGANIZADAS POLO CAMPUS TERRA DE LUGO E A ASOCIACIÓN AGRARIA DE GALICIA (ASAGA) • ESTA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA,...

Publicacións Relacionadas