A través do Santiago de Compostela Convention Bureau, Turismo de Santiago tamén participou nunha reunión do Grupo de Traballo do Spain Convention Bureau.
Turismo de Santiago, a través do seu servizo para a promoción da cidade como destino de Congresos e encontros profesionais, o Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), participou no Meeting & Incentive Summit (MIS), que se celebrou o 11 e 12 de febreiro en Madrid.
O MIS é unha conferencia e un workshop, organizado por Eventoplus que reúne a centenares de compradores do sector MICE do conxunto do Estado, sendo o un dos maiores encontros deste tipo que se celebra na península. O SCCB tivo a oportunidade presentar a oferta da cidade a 16 empresas que organizan eventos profesionais, como viaxes de incentiivo, convencións de empresa ou xornadas e congresos.
Ademáis, o SCCB participou o día nunha reunión do Grupo de Traballo do Spain Conmvention Bureau, do cal forma parte, na sede da FEMP. Nesta reunión repasouse o Plan de Accións previsto para o 2025 e fíxose una posta en común de propostas para a elaboración do Plan de Accións de 2026, en función dos intereses e prioridades dos destinos participantes.
Asimesmo, recolléronse tamén propostas de temas a tratar na vindeira Asamblea do Spain Convention Bureau e o Encontro do Turismo de Reunións, así como temas de interese dos membros da mesa para as xornadas de formación técnica do SCB.
Coa participación nestes dous foros, Turismo de Santiago continúa traballando para a consolidación de Compostela como destino MICE, centrándose especialmente na capatación de viaxes de incentivos e xornadas de empresas, que aportan un alto valor engadido ao conxunto da cidade, fomentando tamén a desestacionalización da demanda.