A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este mércores aos actos celebrados polo colexio Montecastelo e Onda Cero con motivo do Día Mundial da Radio, que consistiron na emisión en directo dun programa especial dentro da emisión local para Vigo no magazine da mañá “Más de uno”. Baixo a dirección do condutor do programa, Rubén Rey, un grupo de nenos e nenas de Primaria de Las Acacias e Montecastelo interpretaron varios contos de narrativa radiofónica.