Home Deputacións Deputación Pontevedra Deputación apoia a Mos na súa transformación para ser un Concello +Renovable

Deputación apoia a Mos na súa transformación para ser un Concello +Renovable

- Anuncio -

–          O plan provincial permitirá a instalación de placas solares na cuberta de edificios públicos garantindo un importante aforro enerxético á administración local

–          A acometida de placas faríase no Pavillón Óscar Pereiro para dar cobertura eléctrica ás dependencias municipais da súa contorna: piscina, Multiusos, CEIP de Petelos, Escola Infantil da Porteliña, Biblioteca, Xuzgado e Concello

O Deputado de Acción comunitaria, e equipamientos públicos da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís, visitou o Concello de Mos para reunirse coa alcaldesa, Nidia Arévalo, o concelleiro de Urbanismo, José Ramilo, co edil de Coordinación xeral e bo goberno, Contratación, Patrimonio, e Novas Tecnoloxías, Leo Costas e con técnicos municipais entre os que se atopaba a enxeñeira, Raquel González; para presentarlles o Plan +Renovables da Deputación, do que se beneficiarán tanto veciñanza como administración local mosense.

Por parte do Concello, este vén de recibir resolución favorable da administración provincial dunha axuda para reducir o gasto de consumo enerxético en dependencias municipais mediante a instalación de placas solares en edificios públicos. Grazas a mesma o Concello de Mos ten intención de acometer a colocación de placas solares no Pavillón Óscar Pereiro e, coa devandita instalación, lograría dar subministro eléctrico tanto ao Pavillón, como á Piscina Municipal, ao edificio Multiusos das Pozas, o CEIP de Petelos, a Escola Infantil A Galiña Azul da Porteliña, a Biblioteca Municipal María Magdalena, o Xuzgado de Paz de Mos e o edificio da Casa Consistorial. O que suporía un importante ahorro para o Concello pois o gasto medio mensual en electricidade destas citadas dependencias ascende a un total de máis de 4.000 euros, puidendo alcanzar os 6.000 euros en meses de elevado consumo.

A financiación desta instalación de placas solares asumiríase do seguinte xeito: 25% Deputación, 25% Concello e o 50% restante con cargo a Fondos Europeos (é un programa financiado pola Unión Europea a través dos Next GenerationEU).

Esta iniciativa forma parte do programa que ten a Deputación de Pontevedra para o fomento das comunidades enerxéticas no ámbito rural. Para explicar o proxecto, ademais de Javier Tourís, estiveron presentes os responsables da oficina de Transformación Comunitaria (OTC) da Dupación, enxeñeiras deste departamento e enxeñeiros de Sertogal, enxeñería que está a prestar apoio a esta iniciativa.

Os paneis solales a instalar mediante este proxecto en cubertas de edificios municipais son de 540 watios, e poden instalarse ata un máximo de 185 paneis.

Ademais do autoabastecemento municipal, esta instalación podería abastecer, nun radio máximo de 2 km, a aquelas vivendas, sobre todo as que estean consideradas como vulnerables enerxéticamente, e reducir a súa factura eléctrica.

Ademais das vivendas, como xa se dixo, esas instalacións, axudarían tamén, a reducir a factura eléctrica dos edificios municipais sobre os que se instalan estes paneis ou a aqueles que estean dentro deste radio de acción.

Ademais das cubertas dos edificios, tamén existe a posibilidade de realizar instalacións sobre o terreo, pero o seu radio de acción reduciríase aos 500 metros.

Os concellos que poden acollerse a esta actuación, son aqueles que teñen menos de 50.000 habitantes.

Relacionadas

O presidente da Deputación, Luis Menor, presenta a primeira Oficina Termal AVE de España...

0
A Oficina Termal AVE, situada no punto con maior tránsito de persoas de toda a provincia, será un espazo con referencias visuais e sonoras...

O vicepresidente Rafa Domínguez participa na visita ao pazo de Lourizán co equipo gañador...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves na visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao pazo de Lourizán co equipo...

0
As Neves avanza na rehabilitación urbana e confirma a inminente licitación do enlace de Setados coa PO-400 • O goberno municipal reuniuse coa Conselleira de ...

Este San Valentín, en Nigrán, teatro para amantes e “desamantes”

0
O grupo amateur de teatro Denigrantes Comediantes regresa ao  Auditorio Municipal do Concello de Nigrán coa súa obra teatral Te amaré hasta que te...

A Deputación é seleccionada para optar aos Premios Ondas Globais do Podcast co proxecto...

0
O programa provincial é un dos cinco finalistas na categoría de Podcast en Lingua Cooficial, e os gañadores coñeceranse o próximo 12 de marzo O...

A Deputación organiza esta fin de semana novas saídas do programa Lecer en familia...

0
As estancias programadas este 14 e 15 de febreiro levarán a familias de 15 concellos ao Hotel Bahía de Baiona, ao Carlos I de...

Publicacións Relacionadas