Home Pontevedra O Condado O concello de Ponteareas lidera as estratexias verdes muicipais en Galicia

O concello de Ponteareas lidera as estratexias verdes muicipais en Galicia

- Anuncio -

Ponteareas lidera o deseño das estratexias municipais de infraestrutura verde e será a guía para moitos concellos galegos, así se amosou onte na presentación da  Estratexia Galega de Infraestrutura Verde e da Conectividade e a Restauración Ecolóxicas (EGIVCRE) celebrada en Santiago de Compostela e na que a alcaldesa Nava Castro expuxo as cincuenta liñas de acción da infraestrutura verde municipal ante arredor de 150 persoas entre técnicos, representantes municipais, investigadores das tres universidades galegas, membros de distintos colexios profesionais, entidades e empresas, cargos públicos e funcionarios de varios departamentos da Xunta, entre outros.

Neste acto organizado pola consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a conselleira Ángeles Vázquez adiantou que semana que vén convocarase a primeira orde de axudas para apoiar aos concellos no fomento de proxectos para o impulso das infraestruturas verdes nos espazos urbanos e periurbanos. No visor cartográfico da Xunta de Galicia o concello de Ponteareas xa aparece como corredor ecolóxico que contribúe a manter a conectividade ecolóxica e ambiental mediante nexos físicos entre as áreas núcleo e as zonas de amortecemento.

O concello de Ponteareas foi o primeiro concello galego en aprobar este documento estratéxico preparándose así para poder optar a esta liña de axudas que conta cun orzamento global de 2 millóns de euros e un importe máximo de 60.000 euros por proxecto, entre os tipos de iniciativas subvencionables cómpre citar a plantación de especies autóctonas que, xunto co uso de pavimentos naturais, contribúan a crear refuxios urbanos que atenúen o efecto “illa de calor”; a creación de novos espazos como fachadas, cubertas, muros e balcóns verdes así como xardíns verticais para incrementar a biodiversidade urbana; ou o acondicionamento e mellora das infraestruturas verdes (sendas, parques etc) e azuis (ríos) que rodean estas zonas, entre outras

En todas estas liñas xa traballa o concello de Ponteareas e así o trasladou a alcaldesa. “Cando falamos de infraestrutura verde, referímonos a todas esas solucións que nos dá a natureza para mellorar a nosa vida. Un bosque non é só un conxunto de árbores, é un pulmón que limpa o aire. Un río non é soa auga, é un corredor de vida que debemos protexer. E un parque non é só un espazo bonito, é un lugar onde a xente atópase, reláxase e sente ben”. A rexedora deixou clara a súa postura que se recolle na súa estratexia de infraestrutura verde, “non queremos que a natureza sexa un simple adorno. Queremos que sexa a base do noso desenvolvemento. Por iso, fomos o primeiro municipio de Galicia en aprobar un plan de infraestrutura verde. Pero non o fixemos sós: traballamos con expertos e, sobre todo, coa xente, porque isto é un compromiso de todos”.

Durante a súa exposición relatou algunhas das acciósn concretas coo a recollida da

auga de choiva para reutilizala en xardíns e evitar inundacións, protexer e plantar máis árbores para reducir o ruído, mellorar o aire e dar sombra nas rúasr; recuperar a praia fluvial da Freixa, para que sexa un espazo natural onde gozar do río sen danar o ecosistema; crear corredores verdes, conectando parques e montes para que a xente poida camiñar ou andar en bicicleta en contornas saudables, reverdecer a vila ou a instalación dunha illa de calor na praza Bugallal.

“Ponteareas entendeu hai tempo que crecer de costas á natureza non é unha opción. Por iso, somos pioneiros en Galicia en integrar a infraestrutura verde como base do noso desenvolvemento”, sinalou onte a alcaldesa acompañando de exemplos de algunhas das accións xa realizadas, “en Ponteareas reducimos o impacto das choivas torrenciais grazas a sistemas de drenaxe natural que evitan inundacións en zonas urbanas”.

Na súa intervención Nava Castro introducíu as intencións do plan de restauración do ecosistema na praia fluvial da Freixa que “non só mellorará a biodiversidade, senón que tamén ofrecerá unha contorna máis saudable para veciños e visitantes”. A alcaldesa insistíu tamén na importancia de acompañar as grandes accións con pequenos hábitos diarios que deben ser extensibles á cidadanía con campañas de sensibilización e destacou o importante papel das árbores e dos recursos naturais para  saúde, “as árbores non só embelecen as rúas, tamén limpan o aire, refrescan as cidades e reducen o ruído. Son os nosos mellores aliados contra o cambio climático. Non falamos só de árbores e ríos; falamos de saúde pública, de economía sostible, de empregos verdes e dun futuro máis resiliente para a nosa comarca.”

Pero ademais de saúde un medio ambiente en forma contribúe á redución de gastos xa que unha boa planificación con árbores e zonas verdes pode baixar a temperatura dunha cidade ata 3 graos no verán. “Menos calor, menos aire acondicionado e máis aforro na factura da luz. Un paseo verde xunto ao río mellora a saúde, o benestar e fai que o pobo sexa máis bonito e atractivo para vivir. Respirar aire limpo e ter sombra nas rúas non é un luxo, é algo que mellora a nosa vida cada día”.

Castro tamén remarcou como estas políticas poden atraer investimento e turismo sostible. “Coidar a natureza é coidarnos a nós mesmos.O mellor legado que podemos deixar aos nosos fillos é un pobo con máis verde e menos cemento.En Ponteareas non queremos crecer destruíndo, senón construíndo coa natureza”.

Por último a alcaldesa de Ponteareas instou a sumarse porque “isto non é só un plan do Concello, é un compromiso de todos. Coidemos a nosa contorna e fagamos de Ponteareas un modelo de pobo verde e sostible. Ponteareas xa está en marcha. Agora convídovos a que traballemos xuntos para que a infraestrutura verde sexa unha prioridade en todas as nosas cidades. Porque a natureza non é un luxo, é unha necesidade.

Relacionadas

O vicepresidente Rafa Domínguez participa na visita ao pazo de Lourizán co equipo gañador...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves na visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao pazo de Lourizán co equipo...

0
As Neves avanza na rehabilitación urbana e confirma a inminente licitación do enlace de Setados coa PO-400 • O goberno municipal reuniuse coa Conselleira de ...

Este San Valentín, en Nigrán, teatro para amantes e “desamantes”

0
O grupo amateur de teatro Denigrantes Comediantes regresa ao  Auditorio Municipal do Concello de Nigrán coa súa obra teatral Te amaré hasta que te...

A Deputación é seleccionada para optar aos Premios Ondas Globais do Podcast co proxecto...

0
O programa provincial é un dos cinco finalistas na categoría de Podcast en Lingua Cooficial, e os gañadores coñeceranse o próximo 12 de marzo O...

A Deputación organiza esta fin de semana novas saídas do programa Lecer en familia...

0
As estancias programadas este 14 e 15 de febreiro levarán a familias de 15 concellos ao Hotel Bahía de Baiona, ao Carlos I de...

Abanca Cimag-GandAgro 2025 explicará innovadores proxectos en distribución sostible de xurro e monitoreo de...

0
• SERÁ EN DÚAS XORNADAS ORGANIZADAS POLO CAMPUS TERRA DE LUGO E A ASOCIACIÓN AGRARIA DE GALICIA (ASAGA) • ESTA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA,...

Publicacións Relacionadas