Home Xunta de Galicia A Xunta destaca o labor do obradoiro ‘Arte Arrebol’ para a protección...

A Xunta destaca o labor do obradoiro ‘Arte Arrebol’ para a protección e mantemento do entroido tradicional de Xinzo de Limia

- Anuncio -
  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron hoxe este taller, especializado na elaboración das máscaras da tradicional Pantalla de Xinzo de Limia
  • Aurora Dacal e Santiago Martínez son o equipo deste obradoiro —o único dedicado á elaboración de máscaras de Entroido inscrito en Artesanía de Galicia— que dedican parte do seu traballo a divulgar o seu oficio con cursos de formación

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegáronse esta mañá ata o obradoiro Arte Arrebol, situado en Xinzo de Limia, especializado na elaboración da máscara tradicional dunha das figuras  máis recoñecibles do Entroido ourensán, a Pantalla de Xinzo.

Durante a súa visita —na que tamén estivo presente o alcalde do municipio, Amador Díaz— Alén destacou o papel deste obradoiro no mantemento, protección e impulso do entroido tradicional de Xinzo de Limia, que conseguen non só coa súa propia produción senón a través dos cursos de formación.

Arte Arrebol está formado polos artesáns Aurora Dacal e Santiago Martínez, que desde hai tres anos dedican parte do seu traballo á divulgación do seu oficio e á transmisión das técnicas tradicionais de elaboración das pantallas, co obxectivo de protexer o Entroido de Xinzo e de manter viva esta tradición. Para facer cada pantalla empréganse materiais coma o papel, a fariña, a auga, o cartón, o feltro e arredor de 60 horas de traballo.

Gabriel Alén destacou a riqueza dos entroidos tradicionais entre os que destacan os da provincia de Ourense, sendo o de Xinzo de Limia un dos referentes máis senlleiros.  

Relacionadas

A Xunta gaba o certame de sumillería do CIFP Carlos Oroza COMO “o mellor...

0
A directora xeral de FP participa na XI edición deste campionato que busca os mellores sumilleres entre os estudantes de hostalaría de 16 centros...

NGP Good Petfod, primeiro fabricante galego de alimentación para mascotas en obter o selo...

0
A xerente do organismo visitou as instalacións da empresa e destacou a súa aposta pola excelencia e internacionalización que entronca coa Estratexia de Turismo...

A Rede Galega de Teatros e Auditorios contribúe á carteleira de espectáculos da...

0
A programación de artes escénicas do Concello cofinanciada pola Xunta forma parte dos ciclos ‘Domingos do Principal’ e da actividade do Pazo da CulturaO...

A Xunta aposta polas novas tecnoloxías na formación do persoal dos corpos e forzas...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior participou en Barcelona na xuntanza de centros de formación de policías locais e autonómicas estataisNeste marco de...

Rueda destaca o compromiso da Xunta co novo rexurdimento do Pazo de Lourizán ao...

0
Salienta que se trata dun espazo emblemático cun alto valor cultural, histórico e naturalLembra que o obxectivo é manter Lourizán coma referente no eido...

A Xunta dá luz verde ambiental ás repotenciacións de tres parques eólicos coa que...

0
Os proxectos Coriscada, Serra da Panda e Muras, que suman unha potencia de preto de 90 megavatios, pasarán de contar cun total de 124...

Publicacións Relacionadas