A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 23 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu ao mediodía de hoxe no salón de plenos.
Licenzas (7) Conceder 4 licenzas urbanísticas: para o remate das obras de reforma dunha vivenda na rúa Santa Bárbara; para a rehabilitación enerxética, reforma interior e conservación doutra vivenda na rúa Alfredo Brañas; para a reforma da cuberta nunha unifamiliar na rúa de Velle e para o proxecto básico e de execución para a rehabilitación de 2 edificios na Avenida de Pontevedra que se destinará a residencia para persoas da terceira idade e 2 apartamentos tutelados dobres e un apartamento individual, que promove a Fundación San Rosendo.
Tamén aprobou o proxecto de demolición dos restos do inmoble de titularidade municipal sito no Parque das Pozas de Maimón (estrada OU-402), cun orzamento de 140.489,60 euros; conceder a primeira ocupación por legalización de usos dunha vivenda na planta baixo cuberta dun edificio na rúa Bedoya, e rectificar de oficio un acordo aprobado nunha xunta de goberno local anterior
Aperturas (1) Tomar coñecemento do troco na denominación da promotora das obras do proxecto básico e de execución dunha residencia para persoas maiores entre as rúas Vicente Risco e Ramón y Cajal, autorizadas por acordo da Xunta de Goberno Local do día 2 de decembro do 2021.
Disciplina (1) Proceder á execución subsidiaria das obras de demolición dun inmoble na rúa Camiño do Curro, Os Viros, que se atopa en mal estado, logo de que a propiedade non cumprise a orde de demolición ditada polo Concello.
Xestión urbanística (1) Recoñecer unha obriga a favor do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Patrimonio (8). Requirirlles a 3 compañías aseguradoras que paguen ao Concello indemnizacións polos danos causados por vehículos nunha columna no Xardín do Posío, nun valado na rúa Vicente Risco e nun contedor na rúa Concello.
Tamén acordou recoñecer 3 obrigas: 1 a favor do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense e outras a favor dunha compañía aseguradora e dunha particular; e desestimar 2 reclamacións de responsabilidade patrimonial, xa que non concorren os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización.
Infraestruturas (1) Recoñecer unha obriga a favor da Confederación Hidrográfica Miño-Sil en concepto de taxas polo canon de control de verteduras nos puntos correspondentes a saneamentos en Santa Mariña do Monte.
Asuntos Sociais (1) Recoñecer a obriga derivada do alugueiro dun local na rúa Francisco de Moure.
Educación (1) Nomear os e as representantes do Concello de Ourense nos Consellos Escolares de 44 centros de ensino da cidade
Persoal e Recursos Humanos (1). Recoñecer unha obriga a favor do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Xestión tributaria (1) Solicitarlle á Dirección Xeral do Catastro o encargo á Sociedade Estatal de Xestión Inmobiliaria de Patrimonio, Sociedade Anónima (SEGIPSA) de realización dos traballos catastrais obxecto do convenio de colaboración subscrito co Concello de Ourense ata o 31 de decembro de 2025. Tamén se dispón o gasto a favor da sociedade, por un importe de 29.982,41€.