Home A Coruña O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo convoca o III...

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo convoca o III Concurso de Solistas

- Anuncio -

As inscricións poderán realizarse no mes de marzo e as fases clasificatoria e final celebraranse en abril

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo convoca o III Concurso de Solistas, que ofrece ao alumnado a posibilidade de amosar as súas habilidades interpretativas nun concerto en solitario no auditorio do Pazo da Cultura, que é o premio gordo.
Nesta edición, coma na anterior, haberá tres categorías (alumnado de grao elemental, alumnado de 1º a 3º de grao profesional e alumnado de 4º a 6º de grao profesional) e dous premios por categoría: os primeiros de cada categoría actuarán como solistas cunha das agrupacións do CMUS no curso 2025-26, ademais de recibir un cheque-regalo por valor de 100 euros para trocar nunha tenda de música, e os segundos recibirán un vale de 50 euros, patrocinado pola ANPA.
O obxectivo do concurso é incentivar a motivación e as habilidades interpretativas do alumnado. Poden participar estudantes de 2º, 3º e 4º cursos de grao elemental ou de calquera curso de grao profesional, agás os/as gañadores/as do primeiro premio da edición anterior. Os/as interesados/as poderán inscribirse no despacho de dirección situado no primeiro andar do Pazo da Cultura os días 10, 17 e 24 de marzo, en horario de 16.00 a 19.00, e o 19 de marzo, de 11.00 a 13.00 horas.
O Concurso de Solistas consta de dúas fases: na primeira, que se celebrará o 2 de abril, cada participante presentará o seu repertorio diante dun tribunal formado por profesorado do CMUS. Os/as estudantes que pasen ás finais actuarán o 25 de abril no auditorio do Pazo da Cultura.
As bases ao detalle, no documento anexo.

Relacionadas

O proxecto de reurbanización da rúa Portugal entra na recta final

0
A actuación forma parte do plan de acondicionamento da mazá formada tamén polas rúas Reus e Andorra Catro meses despois do inicio dos traballos, e...

Un ferido leve nun choque no concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira acudiron ao aviso dun choque entre un vehículo e unha cabeza tractora. Unha das persoas implicadas resultou...

Diana Cabanas celebra o potencial emprendedor da Coruña na XIV Gala do Premio Xove...

0
A concelleira destacou o compromiso do Goberno de Inés Rey co impulso do talento mozo e a innovación empresarial A concelleira de concelleira de Emprego,...

Conciliación e emprendemento, protagonistas do primeiro evento no Coworking Miño

0
O coworking Miño é o espazo elexido por Paula García Otero para ensinar estratexias que fomenten redes de colaboración no primeiro evento do espazo,...

A liña que une San Vicente e o David Buján sumará novas paradas a...

0
· A partir do luns, 17 de febreiro, veranse beneficiadas tres frecuencias desta liña (de uso compartido polo alumnado do instituto e os veciños...

Os III Seminarios de Defensa Persoal Feminina chegan á Pobra do Caramiñal

0
A Pobra do Caramiñal acollerá, o vindeiro sábado 08 de marzo, un dos Seminarios de Defensa Persoal Feminina promovidos pola Deputación da Coruña. Este seminario,...

Publicacións Relacionadas