Home A Coruña A II Bandeira de Bateis e o XXVI Trofeo de Bateis Cidade...

A II Bandeira de Bateis e o XXVI Trofeo de Bateis Cidade de Narón reunirán este sábado na cidade a medio milleiro de deportistas

- Anuncio -

O Concello naronés e o Club de Remo Narón organizaron a II Bandeira de Bateis e o XXVI Trofeo de Bateis Cidade de Narón, que se disputará este sábado, día 15, na enseada da Gándara, a partir das 16.30 horas. O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou o evento acompañado por Bruno Vidal e José Manuel García, presidente e vogal, respectivamente, do citado club deportivo.
En canto á participación, Vidal anunciou que participarán no evento algo máis de medio milleiro de deportistas procedentes de quince clubs de diferentes concellos galegos, maioritariamente da provincia da Coruña e tamén de Lugo. A maiores do anfitrión, o Club de Remo Narón, competirán neste trofeo, clubs procedentes de Ferrol, Mugardos, Ares, Mera, Perillo… entre outros. O percorrido pola enseada será nun tramo de 500 metros, con largos que en función da categoría –dende alevíns ata sénior e veteráns- serán ata os 2.000 metros.
O concelleiro naronés agradeceu a implicación un ano máis do Club de Remo Narón para poder organizar este evento deportivo na cidade e felicitou tamén aos representantes do club polo traballo que desenvolven ao longo do ano. Así mesmo, Santalla convidou á cidadanía a achegarse ó sábado á enseada da Gándara para animar aos participantes.

Relacionadas

O proxecto de reurbanización da rúa Portugal entra na recta final

0
A actuación forma parte do plan de acondicionamento da mazá formada tamén polas rúas Reus e Andorra Catro meses despois do inicio dos traballos, e...

Un ferido leve nun choque no concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira acudiron ao aviso dun choque entre un vehículo e unha cabeza tractora. Unha das persoas implicadas resultou...

Diana Cabanas celebra o potencial emprendedor da Coruña na XIV Gala do Premio Xove...

0
A concelleira destacou o compromiso do Goberno de Inés Rey co impulso do talento mozo e a innovación empresarial A concelleira de concelleira de Emprego,...

Conciliación e emprendemento, protagonistas do primeiro evento no Coworking Miño

0
O coworking Miño é o espazo elexido por Paula García Otero para ensinar estratexias que fomenten redes de colaboración no primeiro evento do espazo,...

A liña que une San Vicente e o David Buján sumará novas paradas a...

0
· A partir do luns, 17 de febreiro, veranse beneficiadas tres frecuencias desta liña (de uso compartido polo alumnado do instituto e os veciños...

Os III Seminarios de Defensa Persoal Feminina chegan á Pobra do Caramiñal

0
A Pobra do Caramiñal acollerá, o vindeiro sábado 08 de marzo, un dos Seminarios de Defensa Persoal Feminina promovidos pola Deputación da Coruña. Este seminario,...

Publicacións Relacionadas