- María Inmaculada Rodríguez será a candidata na vila valdeorresa; Ricardo González en Toén; Ignacio Campo en Maside; Teresa Barge na Bola; e Rebeca Sotelo en Cenlle
- Desde hoxe e ata o día 23 os aspirantes á dirección popular nas respectivas agrupacións poderán desenvolver a campaña electoral interna
A Comisión organizadora dos cinco congresos locais convocados na provincia de Ourense polo Partido Popular (O Barco de Valdeorras, Toén, Maside, A Bola e Cenlle) vén de proclamar ás persoas que optarán á presidencia da dirección popular nas respectivas agrupacións locais.
Segundo acordaron os membros da comisión, María Inmaculada Rodríguez García será a única candidata que opte á dirección do PP no Barco de Valdeorras. Será o próximo día 6 de marzo cando se celebre o congreso local na Casa do Río Cigueño, a partir das 19.30 horas.
Tamén haberá candidato único na agrupación local de Toén. Ricardo González Gómez, actual alcalde, vai concorrer á presidencia popular neste municipio no conclave fixado para o 15 de marzo ás 10.30 horas no edificio multiusos.
En Maside, o candidato será Ignacio Campo González, portavoz popular e presidente provincial da organización xuvenil Novas Xeracións, que optará á presidencia da agrupación local no congreso do día 29, na Casa da Cultura de Maside desde as 19.00 horas.
No caso de A Bola, a comisión acordou proclamar como única candidata á presidencia da agrupación local a Teresa Barge Bello, actual presidenta e alcaldesa. O congreso, previsto para o 4 de abril, celebrarse a partir das 19.00 horas no edificio multiusos de Cacabelos.
Por último, en Cenlle, a candidata será Rebeca Sotelo Fernández, actual alcaldesa. O conclave celebrarase o 5 de abril na Casa do Pobo de Laias a partir das 10.30 da mañá.
A partir de hoxe e ata o día 23 os candidatos poderán realizar unha campaña electoral interna para dar a coñecer o seu programa e a lista de persoas que lles acompañará neste órgano de dirección, lista que haberá de estar pechada o día 25.
A comisión organizadora está integrada por Miguel Ángel Viso como presidente; Cristina Romero na vicepresidencia; Francisco Fernández Padín como secretario; e Alejandro Pérez e Adriana Álvarez na función de vogais.