HomePontevedraO CondadoÉxito da Campaña de San Valentín do concello de Ponteareas

Éxito da Campaña de San Valentín do concello de Ponteareas

- Anuncio -spot_img

Seiscentas rosas das floristerías locais e sorteos de agasallos e vales de compras para mercar na praza de abastos acompañaron a celebración do Día de San Valentín no marco da campaña especial que lanzou o Concello de Ponteareas para promocionar o comercio local.

Acompañados do director xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, a alcaldesa Nava Castro e o concelleiro de Comercio, Ricardo González, repartiron entre a cidadanía que se achegou aos Xardíns da Xiralda rosas blancas das floristerías Bonsai, Fany, Jazmín, La Primavera, Lucía, Sabanah Deco&Natur e floristería Tere.

Sumáronse ao reparto de rosas os concelleiros de Xuventude, Christian Montes, e o segundo tenente de alcaldesa, Jesús Cao. Ao longo da mañá a cidadanía tamén puido xogar á ruleta e acadar premios que fomentan o coñecemento do comercio local a través de vales canxeables coas compras.

Nesta xornada de San Valentín, o concelleiro de Comercio presentou ao director xeral de comercio a nova na que os consumidores poderán atopar todas as campañas que o Concello ten marcha ao longo de todo o ano non só para promocionar os establecementos tamén para informar de concursos, sorteos, descontos e beneficios do comercio local dispoñibles para a cidadanía.

O director xeral, animou á asociación de comerciantes Banastra a optar ás axudas de promoción que lanzará a Xunta de Galicia e trasladou os seus parabéns ao Concello non só pola campaña de San Valentín, tamén polo deseño da app do comercio local coa que simplifica e concentra toda a información nun recurso útil e de acceso 24 horas os 365 días do ano.

A través desta aplicación a cidadanía poderá acceder ao espazo “Mercatea” ao que tamén se poderá entrar a través do banner aloxado na páxina web e a través dos QR da cartelería colocada nos comercios locais.

Ademais, o Concello recorda que ata o día 17 de febreiro estará activa a campaña de San Valentín con sorteos e premios para toda a clientela do comercio de Ponteareas. As persoas que merquen no comercio local poderán acceder a través dun código QR ao espazo web “Mercatea” e participar no concurso de San Valentín rexistrando o seu ticket de compra. . O Concello sorteará 3 ceas para 2 persoas. Para esta campaña tamén se colocou o photocall “Os Namorados” diante da Casa do Concello.

Ricardo González salienta a importancia de unir unir forzas “para acadar os mellores resultados, esa é a liña de traballo que sigue a concellería de Comercio. En cada campaña provocamos a interacción e a colaboración para que todos sexamos parte activa. Nesta liña de traballo o Concello repartíu 600 rosas en colaboración coas floristerías locais”.

O espazo diante da Casa  Concello estivo adornado grazas á colaboración con Avelaíña Saúde Mental que traballou na confección de adornos especiais para celebrar o día de San Valentín.

“O comercio local de Ponteareas ten todo o que poidamos imaxinar para configurar un perfecto agasallo para o día 14 de febreiro, viaxes, ceas, coidados, roupa, produtos gastronómicos e un sinfín de propostas sen ter que saír da vila”, salienta a alcaldesa Nava Castro quen insiste na importancia de tecer unha rede de colaboración na que implicar a todos os sectores para a dinamización e fortalecemento do concello.

Publicacións Relacionadas