HomeVigoNigránO Concello de Nigrán outorga licencia para a ampliación da nave de...

O Concello de Nigrán outorga licencia para a ampliación da nave de ‘Materiales de Construcción JA Martínes’ en Porto do Molle

- Anuncio -spot_img

A empresa radicada no parque empresarial está a ampliar en 1.500 m² as suas instalacións

O Concello de Nigrán outorgou licencia a ‘Materiales de Construcción JA Martínes S.L.’ para ampliar a súa nave no parque empresarial de Porto do Molle. Esta empresa familiar está especializada no sector da construción, a ferraxería e a bricolaxe, dispondo dun gran almacén de venda ao público en Porto do Molle (rúa Montes da Devesa) que agora está xa a ampliar en 1.500 m² máis (a maiores, contan cunha tenda en Baiona dedicada ao mundo do cuarto de baño). Nesta nave ubicada Nigrán pódense atopar desde illantes, cemento cola e derivados a azulexos, gres, cociñas, louza, grifería, tubaxe, chapa, gressite, arame e enreixado, xesos e escaiolas, chumbo…

“Porto do Molle consolídase como o motor económico do Sur de Galicia, e isto é unha proba máis da boa saúde do parque”, explica o alcalde, Juan González, sobre este enclave tecnolóxico de máis dun millón de metros cadrados plenamente ocupado e que conta co Edificio Aeroespacial ademáis de 165 empresas instaladas que xeran máis de 2.200 postos de traballo. “Porto do Molle é un referente en toda España en termos de sostibilidade ambiental, deseño urbano e modernidade, un parque empresarial tan atractivo e diferente que moita xente acude a diario a pasear polas súas beirarrúas ou pola senda peonil do río Muíños que finaliza en Praia América. Estos atractivos, sumados ao noso interese turístico e á localización estratéxica e accesible no sur de Pontevedra, nos sitúa nunha indubidable posición de superioridade sobre outras ofertas en toda a provincia”, ratifica.

Publicacións Relacionadas