Home Allariz-Maceda Allariz Luis Menor celebra a ampliación da oferta termal da provincia coa incorporación...

Luis Menor celebra a ampliación da oferta termal da provincia coa incorporación dun novo balneario en Allariz, “un elemento máis nun sector estratéxico do noso territorio”

- Anuncio -

O presidente da Deputación de Ourense felicitouse por unha boa noticia, dixo, que contribuirá a aumentar a oferta terapéutica e de benestar na provincia de Ourense e a dinamizar un concello “cun gran potencial turístico, como ten demostrado desde hai anos”

Menor trasladou os seus parabéns ao director do hotel, Maike Pazos, no transcurso dunha reunión con representantes doutros balnearios celebrada no propio establecemento alaricano e convocada pola Deputación de Ourense para analizar o desenvolvemento do programa de termalismo social

O novo balneario confirmou a próxima adhesión aos distintos programas de termalismo promovidos por la Deputación

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, expresou hoxe a súa satisfacción pola incorporación á oferta termal da provincia dun novo balneario, logo de que o hotel Oca Vila de Allariz comunicara a autorización oficial que certifica a súa condición como establecemento con instalacións balnearias e augas mineromedicinais.

Luis Menor felicitouse por unha noticia que supón engadir “un elemento máis nun gran sector estratéxico do noso territorio como é o termalismo”. Unha boa noticia, dixo, que contribuirá incrementar a oferta terepéutica e de benestar na provincia de Ourense e a dinamizar un concello “cun gran potencial turístico, como ten demostrado desde hai anos”.

O presidente provincial trasladou os seus parabéns ao director do novo hotel balneario, Maike Pazos, no transcurso dunha reunión celebrada no propio establecemento alaricano e convocada pola Deputación de Ourense para analizar o desenvolvemento do programa de termalismo social.

O encontro serviu, precisamente, para confirmar a próxima adhesión do balneario aos distintos programas de termalismo promovidos por la Deputación, con especial atención ao Termalismo contra a Soidade non Desexada. Deste xeito, o establecemento poderá ampliar a súa oferta de servizos, agora máis ampla con esta acreditación para tratamentos termais con augas mineromedicinais.

O encontro de traballo contou tamén coa participación do director da área de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira, ademáis de representantes doutros balnearios da provincia.

Na reunión púxose de manifesto o gran interese xerado polo programa provincial de Termalismo Social, onde o prazo de apertura de solicitudes abriuse fai apenas quince días rexistrando máis de 1.500 reservas nas primeiras dúas semanas. Este dato supón o maior número de prazas reservadas no menor período de tempo desde que o programa comezara no 2013.

Os presentes avaliaron os datos de reservas por modalidades do plan, así como as estimacións para este ano e as accións para poñer en marcha desde a Oficina Termal AVE, en resposta ás propostas de colaboración recibidas para realizar promocións conxuntas entre o sector termal e outros axentes do territorio.

Relacionadas

Luis López destaca a relación estreita entre o ciclismo e a provincia, que volverá...

0
“O ciclismo é o estandarte da provincia do deporte e o complemento perfecto para o modelo de turismo das Rías Baixas”, afirma López na...

Luis López convida a empregar a lingua galega no acto de conmemoración do Día...

0
A Deputación impulsa un certame educativo, con premios valorados en 4.500 euros, para dar a coñecer a obra da poeta galega no que os...

A Deputación aproba o proxecto para a mellora da seguridade viaria na EP-1202 Seixo-San...

0
Os obras, cuxo orzamento ascende aos 610.000 euros e están financiadas integramente con fondos provinciais, terán unha duración aproximada de tres meses A Deputación de...

A Deputación adxudica por 380.000 euros a mellora da mobilidade peonil na contorna da...

0
O presidente provincial Luis López asegurou que as obras, financiadas ao 100% pola Deputación, “van mellorar a contorna e os espazos públicos no treito...

A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, asiste ao acto de entrega do Premio Laxeiro...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra asistiu hoxe na Sede da Fundación Laxeiro ao acto de entrega do Premio Laxeiro 2025, organizado pola fundación...

A Deputación conmemora o Día Internacional do Guía de Turismo abrindo de maneira gratuíta...

0
A institución provincial únese á celebración desta efeméride e as persoas interesadas poderán coñecer esta edificación histórica de xeito gratuíto este venres ata as...

Publicacións Relacionadas