Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor visita aos rapaces que desfrutan do EsquiOU en Manzaneda con...

Luis Menor visita aos rapaces que desfrutan do EsquiOU en Manzaneda con actividades “amplias e flexibles” fronte a falta de neve

- Anuncio -

O presidente provincial puxo en valor a “flexibilidade” da iniciativa, xa que os nenos poden gozar de tenis, piscina climatizada, rocódromo, tiro con arco, piscina climatizada, orientación e un curso teórico de esquí

A Deputación acadou unha inversión histórica de 102.000 euros para superar por primeira vez a barreira das 1.000 prazas, ante a detección dunha crecente demanda das familias

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou hoxe aos 105 rapaces da provincia que desfrutan na estación de montaña de Manzaneda do programa EsquiOU. Esta iniciativa, subvencionada pola institución ourensá cun orzamento histórico de 102.000 euros (un 45% máis que o adxudicado en anos anteriores) ten o obxectivo de que os nenos da provincia poidan acceder a custo reducido a un curso de esquí e a actividades paralelas na estación de montaña de Manzaneda.

Esta quinta quenda, formada por nenos das zonas de Allariz, Xinzo, Baltar  e Maceda, desfruta dun extenso programa de actividades de montaña, deseñado coa flexibilidade como máxima ante o risco de escaseza de neve, que é a situación actual na estación de montaña. Así, a pesar de que non haxa neve, os rapaces gozan igualmente do curso teórico de esquí e de actividades como pista de tenis e pickleball, tiro con arco, piscina climatizada, rocódromo, multiaventura, orientación e veladas polas noites.

“Este ano decidimos acadar cifras históricas, tanto en inversión como en prazas, superando por primeira vez a barreira dos 1.000 beneficiarios, xa que detectamos que o interese das familias por este programa era crecente”, valora o presidente provincial. Tamén destacou a “aposta pola inclusión” da Deputación, xa que nesta edición hai prazas reservadas a menores con discapacidade, para que o acceso ao deporte e ao ocio non teña “barreiras de ningún tipo”.

Luis Menor desexoulles aos nenos desta quinta quenda tres días de diversión e ocio saudable e destacou a “flexibilidade” do EsquiOU ao facilitar que, pese a falta de neve, os nenos da provincia non queden sen un “amplio programa de actividades” para desfrutar de Manzaneda.

Balance do programa EsquiOU

O balance do programa EsquiOU é moi positivo, cubríndose todas as quendas dispoñibles en apenas uns días. Trátase de 10 quendas, con 105 rapaces en cada unha delas, procedentes de tódalas zonas da provincia.

De feito, nesta edición incorporáronse dúas quendas máis que en anos anteriores, con 210 rapaces e rapazas máis como participantes deste programa posto en marcha pola Deputación para achegar aos rapaces de toda a provincia á estación de montaña de Manzaneda para gozar de actividades ao aire libre, deportivas e de lecer.

Relacionadas

Luis López destaca a relación estreita entre o ciclismo e a provincia, que volverá...

0
“O ciclismo é o estandarte da provincia do deporte e o complemento perfecto para o modelo de turismo das Rías Baixas”, afirma López na...

Luis López convida a empregar a lingua galega no acto de conmemoración do Día...

0
A Deputación impulsa un certame educativo, con premios valorados en 4.500 euros, para dar a coñecer a obra da poeta galega no que os...

A Deputación aproba o proxecto para a mellora da seguridade viaria na EP-1202 Seixo-San...

0
Os obras, cuxo orzamento ascende aos 610.000 euros e están financiadas integramente con fondos provinciais, terán unha duración aproximada de tres meses A Deputación de...

A Deputación adxudica por 380.000 euros a mellora da mobilidade peonil na contorna da...

0
O presidente provincial Luis López asegurou que as obras, financiadas ao 100% pola Deputación, “van mellorar a contorna e os espazos públicos no treito...

A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, asiste ao acto de entrega do Premio Laxeiro...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra asistiu hoxe na Sede da Fundación Laxeiro ao acto de entrega do Premio Laxeiro 2025, organizado pola fundación...

A Deputación conmemora o Día Internacional do Guía de Turismo abrindo de maneira gratuíta...

0
A institución provincial únese á celebración desta efeméride e as persoas interesadas poderán coñecer esta edificación histórica de xeito gratuíto este venres ata as...

Publicacións Relacionadas