Home Ourense O PP de Ourense informa acerca das axudas autonómicas ao comercio local...

O PP de Ourense informa acerca das axudas autonómicas ao comercio local e autónomos

- Anuncio -

·        O responsable de Comercio no executivo galego, Gabriel Alén, explicou polo miúdo todas as achegas dispoñibles e remarcou o compromiso do Goberno autonómico co tecido comercial

O PP de Ourense celebrou esta tarde un encontro informativo para dar conta a comerciantes e autónomos das diferentes liñas de axuda abertas para este sector por parte do Goberno galego. O encontro, que se desenvolveu no Centro Cultural Marcos Valcárcel, estivo dirixido polo responsable de Comercio do executivo galego, Gabriel Alén Castro, quen remarcou o compromiso da Xunta co tecido comercial.

Alén Castro detallou polo miúdo unha ampla batería de medidas, explicando inicialmente a orde de 3,9 millóns de euros para promover a dixitalización, a innovación e a sustentabilidade do tecido comercial e artesanal, que cobre actuacións como a implantación e mantemento web, marketing dixital, loxística, reformas do espazo comercial, sistemas de eficiencia enerxética ou compra de embalaxes reciclables, entre outras. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o vindeiro 26 de febreiro ao 26 de marzo.

Tamén fixo referencia a que desde mañá -ata o 19 de marzo- pódense solicitar as axudas dirixidas especificamente aos centros comerciais abertos, cun orzamento de 2,5 millóns de euros e coas que se busca primar a calidade e a excelencia das propostas de dinamización destas figuras clave do ecosistema comercial. Como novidade este ano prevé axudas extraordinarias de 50.000 € para recoñecer o labor dos mellores CCA, co obxectivo de apoiar campañas adicionais que teñan como fin promover o comercio local e chegar a novos clientes

Gabriel Alén explicou que este ano tamén se avanzará na creación do rexistro e reconfiguración dos centros comerciais abertos, con nova denominación e imaxe propia, concibida desde unha dinamización integral das contornas comerciais

Ademais, recalcou que tamén sobresae a aposta da Xunta polas prazas de abastos. “O Consello da Xunta de onte avaliou a nova convocatoria orientada a ampliar a rede de mercados recoñecidos con este distintivo de calidade. A orde pasa a bianual para concellos e triplica o orzamento ata os 3,3M € ante o previsible incremento de solicitudes para a realización de obras de mellora, tras o aumento no 2024 das solicitudes de diagnose”, explicou. 

As achegas, que poden pedir municipios, asociacións, cooperativas ou federacións, promoven tanto actuacións de mellora dos Mercados Excelentes como accións dirixidas a acadar o selo —aumentando ata unha axuda máxima de 320.000 €—. De feito, estes apoios quedan enmarcados no Plan estratéxico do comercio 2025-2030, que se prevé ter listo neste primeiro trimestre de 2025, e que inclúe outras accións como o programa Vilas Vivas, que arrancou en Ribadavia no pasado mes de decembro de xeito piloto.

Para reforzar estas medidas, Gabriel Alén incidiu en que a Xunta vén de pedir colaboración ao Goberno central, insistindo en que Galicia poida acceder a fondos Next Generation que o Executivo ten reservados e sen executar.

ORDE UNIFICADA DE AXUDAS PARA AUTÓNOMOS

Tamén salientou a orde unificada de axudas para autónomos -cunha ampla presenza no comercio local- impulsada pola Xunta, cunha dotación de máis de 40 millóns de euros, co obxectivo de avanzar na simplificación administrativa e na redución de carga burocrática para este colectivo.

Esta orde engloba cinco programas de axudas que abranguen desde o inicio da actividade ata a súa consolidación e mantemento, pasando pola conciliación, a nova oportunidade para aqueles que queira Volver intentalo e o apoio á remuda xeracional de negocios en funcionamento. Para facilitar a tramitación destas axudas implementouse un chatbot de intelixencia artificial para facilitar a resolución de dúbidas en tempo real para as persoas autónomas en relación coa tramitación destas axudas.

Relacionadas

O Concello e Avanza introducen cambios nas liñas 14 e 22 do servizo de...

0
O Concello de Ourense e a empresa concesionaria Avanza introducen cambios en servizos para mellorar a calidade e a puntualidade de dúas das principais...

A Oficina Termal AVE recibe aos primeiros visitantes e impúlsase como elemento de cooperación...

0
Esta instalación pioneira, situada no punto con maior tránsito de persoas de toda a provincia, é un espazo con referencias visuais e sonoras aos...

A Deputación reforza a súa cooperación co grupo folclórico Lembranza Solpor, colectivo con preto...

0
O presidente provincial, Luis Menor, pon en valor o labor deste colectivo, logo de repasar coa directiva toda a súa actividade, sinalando que a...

Recepción no Pazo Provincial ao colectivo Amigos das Termas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu esta mañá no Pazo Provincial ao colectivo Amigos das Termas, encabezado polo seu portavoz, Enrique...

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 47 asuntos na súa sesión ordinaria...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 47 acordos na  sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe...

Aberto o proceso de pre-inscrición na Romaría Etnográfica Raigame 2025

0
Ata o 5 de marzo, manterase aberto o período de pre-inscrición para todos aqueles que desexen participar na edición de 2025 a celebrar o...

Publicacións Relacionadas