Home A Coruña IES Alfredo Brañas, AC Lumieira e Concello lembran ao Fillo Predilecto de...

IES Alfredo Brañas, AC Lumieira e Concello lembran ao Fillo Predilecto de Carballo no seu 125º cabodano

- Anuncio -

O alumnado do centro educativo realizará un acto de homenaxe xunto á escultura situada na rúa Coruña

Alfredo Brañas descansa no Panteón de Galegos Ilustres, fronte a Rosalía de Castro e a carón de Castelao. Este 21 de febreiro conmemórase o 125º aniversario do seu pasamento na capital compostelá, pero na vila que o viu nacer queremos lembralo cun acto que unirá a comunidade educativa do instituto que leva o seu nome, a Asociación Cultural Lumieira e o Concello de Carballo.

A homenaxe a Alfredo Brañas celebrarase o mesmo día 21, ás 12.00 horas, ao pé da casa onde naceu na rúa Coruña, xunto á obra do escultor César Lombera, finado o mes pasado. O acto comezará cunha intervención do historiador e profesor Xan Fraga, autor do folleto que acompaña esta nova. De seguido haberá un recital poético a cargo de alumnas e alumnos do instituto, e pechará o acto o alcalde, Evencio Ferrero.

Relacionadas

A corporación aprobará un ambicioso proxecto estratéxico que prevé un investimento de 15 millóns...

0
A corporación municipal celebrará o luns 24 o pleno correspondente ao mes de febreiro, con varios asuntos de calado. Entre eles destaca a solicitude...

Carballo celebrou o 125º aniversario do pasamento de Alfredo Brañas cun acto protagonizado pola...

0
Evencio Ferrero lembrou tamén a César Lombera, autor da escultura situada na rúa Coruña, que faleceu hai menos dun mes Hoxe cumpríronse 125 anos do...

Concello de Ribeira e a Federación Galega de Salvamento presentan un novo curso de...

0
Hoxe presentouse, por segundo ano consecutivo, un novo curso de socorrismo por parte do alcalde, Luís Pérez, xunto co vicepresidente da Federación de Salvamento...

Trémola Teatro chega este sábado a Neda coas súas “Historias soñadas”, inspiradas en Rosalía...

0
O Concello de Neda programa este sábado, a partir das 12 horas, no marco das actividades especiais con motivo do Día de Rosalía, o...

Ribeira presenta un Entroido enxebre, colaborativo e aberto ás parroquias 

0
Hoxe presentouse no auditorio municipal a programación das actividades do Entroido 2025 de Ribeira coa presenza do concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta, a concelleira...

Unha exposición de traxes tradicionais de Galicia abre o programa de actividades do Mes...

0
A Igrexa de Bastavales acollerá mañá sábado, ás 17:00 horas, unha experiencia musical e artística da man da soprano Esperanza Mara e cunha ofrenda...

Publicacións Relacionadas