Home Pontevedra Baixo Miño Tui segue a reivindicar a figura de Rosendo Salvado

Tui segue a reivindicar a figura de Rosendo Salvado

- Anuncio -
Do 25 de febreiro ao 1 de marzo celebraranse as Xornadas sobre este egrexio tudense

Dende o próximo martes 25 de febreiro e até o sábado 1 de marzo o Concello de Tui organiza unha nova edición das Xornadas Rosendo Salvado dedicadas á reivindicación do excepcional legado que este egrexio tudense ten aportado ao longo da súa vida. Lembrando a data do seu nacemento o 1 de marzo de 1814 este ano celébrase cuarta edición destas xornadas que reunirán en Tui a diversos especialistas na vida e obra do beneditino tudense e fundador da abadía de Nova Nursia na Australia occidental.

A concelleira de Cultura tudense, Sonsoles Vicente Solla, explica que a figura do tudense Frei Rosendo Salvado Rotea (1814-1900) é unhas das personalidades tudenses de maior proxección, interese e actualidade. A súa traxectoria atinxe a numerosos aspectos, dende a súa dimensión como misioneiro nas terras de Australia, a súa faceta como músico, investigador etnográfico ou naturalista, o seu labor de promoción da multiculturalidade ou dos dereitos humanos como defensor da existencia dunha única raza humana… Estes son aspectos sobre os que cómpre afondar para divulgar a súa obra e traxectoria e contribuír a promoción da súa figura e da nosa cidade.

O programa deste 2025 comezará o próximo martes, 25 de febreiro, ás 19.30 h no novo espazo sociocultural da rúa Camilo J. Cela coa conferencia “A viaxe infinita de Rosendo Salvado” a cargo de Valentín Carrera, xornalista e director da serie documental sobre Salvado. Na mesma Valentín Carrera ofrecerá o relato da súa experiencia sobre o descubrimento e fascinación arredor da figura de Rosendo Salvado ao tempo que revisará o proceso de produción da serie documental que ten dirixido sobre este persoeiro tudense.

No mesmo espazo sociocultural da rúa Camilo J. Cela o mércores, 26 de febreiro, ás 19.30 h terá lugar a conferencia de Xoán M. Carreira e Maruxa Baliñas: “Salvado y la Sociedad Filarmónica de Perth”.  Xoán Manuel Carreira e Maruxa Baliñas son dous afamados musicólogos galegos, editor e directora respectivamente do diario musical “Mundoclásico”, ambos teñen estudado en profundidade a traxectoria musical de Rosendo Salvado, con especial incidencia nos fontes australianas e nos ofrecerán unha visión do labor musical de Salvado en Perth.

Xa o xoves, 27 de febreiro, ás 19.30 h a cita será na Casa de Galicia de Madrid coa presentación e estrea da serie documental “Rosendo Salvado, aventura e misión dun galego en Australia” dirixida por Valentín Carrera. No acto estará presente o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González.

O programa rematará o sábado, 1 de marzo, data do CCXI aniversario do nacemento de R. Salvado en Tui. Ás 11.30 h dende a praza de San Fernando cunPaseo “Salvadiano” no que se realizará un percorrido polo lugares vinculados a Rosendo Salvado. Rematará, ás 12.30 h, coa colocación dunha coroa de loureiro na casa Natal de Rosendo Salvado, na rúa que leva o seu nome.

Estas novas “Xornadas “Rosendo Salvado” dan continuidade a anteriores edicións que teñen contado coa presenza de destacado poñentes como o profesor Gulio Cipollone, da Pontificia Universidade Gregoriana de Roma, a profesora da Universidade da Coruña, María José Lorenzo Modia, o profesor da Universidade de Vigo, Albino Prada Blanco, o embaixador de España Enrique Viguera ou o catedrático da Universidade de Santiago Francisco Díaz Fierros.

Relacionadas

O IV Concurso Escolar de Carteis do Entroido premia a creatividade de Carla Marqués...

0
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Educación, deu a coñecer hoxe o cartel oficial do Entroido 2025. A ilustración de...

Mos avanza nos trámites coa Xunta de Galicia para a reforma integral da estrada...

0
-          A administración autonómica traballa nunha proposta que inclúe 3 glorietas -          A PO 331 acolle 12.500 vehículos ao día, sendo un vial estruturante e unha das...

O BNG solicita a Patrimonio información sobre obra da contorna de Caneliñas

0
Ante a falta de transparencia de Telmo Martín, os nacionalistas remiten un escrito á Delegación Territorial da Xunta para que aclare se os traballos contan con...

Alumnado do IES Salvaterra de Miño participa nunha plantación en Vilaboa dentro do Proxecto...

0
O pasado mércores 19 de febreiro o IES Salvaterra de Miño en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño, a ANPA, a Comunidade de...

Román Rodríguez destaca a reforma do patio cuberto do CEIP Isidora Riestra en Poio...

0
O conselleiro de Educación visita o centro para supervisar o resultado da actuación, que beneficia aos máis de 170 alumnos do colexioSubliña o compromiso...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables ata Vila de Cruces, Agolada...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Publicacións Relacionadas