Home A Coruña Inés Rey sitúa a Intermodal como exemplo da transformación urbana da Coruña

Inés Rey sitúa a Intermodal como exemplo da transformación urbana da Coruña

- Anuncio -

A alcaldesa abriu o Foro Urbano celebrado no Centro Cívico de Os Mallos, onde veciños e veciñas puideron coñecer e achegar novos proxectos para os barrios de Os Mallos e Sagrada Familia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, destacou hoxe no Foro Urbano da Axenda Urbana 2030 que a nova Estación Intermodal é un claro exemplo da segunda modernización da Coruña. No evento, celebrado no Centro Cívico de Os Mallos, presentou os avances na Axenda Urbana así como proxectos en marcha para a contorna da Estación Intermodal, especialmente nos barrios lindeiros: “Estamos a falar dunha transformación que permitirá integrar mellor Os Mallos e Sagrada Familia coa nova realidade intermodal e co resto da cidade, xerando novas oportunidades para estes barrios”, sinalou Rey.

Durante o encontro, a rexedora puxo en valor a posta en marcha da primeira fase do Plan de Barrios 2025-2027, con 53 millóns de euros para investimentos en toda a cidade. Nese sentido, expuxo o proxecto “Conectando a Rolda dos Barrios” recollido no Plan, iniciativa coa que se prevé mobilizar investimentos por 20 millóns de euros: “Prevemos diferentes actuacións para mellorar a accesibilidade, a mobilidade e o atractivo urbano de Os Mallos e Sagrada Familia, promovendo a súa integración efectiva na cidade e garantindo que a chegada da intermodalidade non supoña unha barreira, senón unha oportunidade para os veciños e veciñas”, explicou a alcaldesa.

O Foro Urbano tamén serviu como espazo de revisión da Axenda Urbana 2030, permitindo actualizar as prioridades identificadas en 2022 para adaptalas ás novas oportunidades e necesidades da cidade: “A participación cidadá é clave para o modelo de cidade que estamos a construír. Queremos escoitar, debater e integrar as achegas da veciñanza porque A Coruña faise entre todos e todas”, concluíu a alcaldesa.

O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, fixo un repaso polos proxectos en marcha e destacou que a Intermodal supón cambio de paradigma na planificación urbana da Coruña: “Non se trata só de construír infraestruturas, senón de garantir que teñan un impacto positivo e directo na vida das persoas”, afirmou.

Preto dun cento de persoas, representantes de entidades veciñais, sociais e empresariais, participaron no Foro Urbano que contou con dúas dinámicas participativas para a posta en común de propostas e inquedanzas, reforzando o compromiso do Concello coa participación cidadá como eixo fundamental da planificación urbana. “Non podemos falar dunha transformación real da cidade sen contar cos barrios e sen atender ás necesidades da veciñanza”, afirmou a alcaldesa.

Con esta iniciativa, A Coruña segue avanzando na súa transformación urbana, poñendo ás persoas no centro das políticas municipais e garantindo que o desenvolvemento da cidade sexa sostible, inclusivo e respectuoso coa identidade dos barrios.

Relacionadas

O Kiosco Alfonso acolle ata o 27 de abril a mostra ‘A cidade das...

0
O concelleiro José Manuel Lage tomou parte hoxe na apertura da exposición, integrada por máis de 150 pezas entre materiais artísticos, históricos e documentos,...

O Partido Popular denuncia as manobras do concello recalificando terreos ao seu antollo

0
Para os Populares o alcalde roza o sarcasmo xustificando a medida co fin de “evitar usos indeseados” O concello de Oleiros ten a intención de...

O Concello instala medio cento de contedores marróns con sistema de chave en Ponteceso...

0
· Nesta primeira fase, os colectores situáronse nas contornas dos centros de ensinanza, nos negocios hostaleiros e nalgúns edificios de vivendas. O Concello iniciou, esta...

Gran éxito de asistencia na charla sobre vivenda organizada polo PP de Culleredo

0
∙ Izaskun García destaca o compromiso do PP para “impulsar un PXOM xusto que ofreza solucións habitacionales para os mozos de Culleredo”. ∙ Os...

O Concello de Miño repartirá 1.200 euros en premios no seu concurso de disfraces...

0
● O Concello presentou hoxe a programación de actividades, nas que haberá xogos, baile, animación e moita música. ● Celebrarase o sábado 1 e o...

Á venda as entradas para o espectáculo de Moncho Borrajo e o concerto de...

0
O humorista representará o seu último espectáculo o 12 de abril O músico multiinstrumentista presentará ‘Loira’ o 6 de xuño O Concello da Coruña continúa...

Publicacións Relacionadas