Home Xunta de Galicia A Xunta salienta o labor de acompañamento e asesoría prestado polo oficina...

A Xunta salienta o labor de acompañamento e asesoría prestado polo oficina de retorno, que xa atendeu preto de 3.000 familias na Área de Ourense

- Anuncio -
  • José González confirma esta iniciativa como unha ferramenta esencial para facilitar a integración sociolaboral dos galegos e galegas que deciden regresar á súa terra, ben apostando por un traballo por conta allea ou ben polo emprendemento
  • Desde 2020, os técnicos, tanto das oficinas fixas como da móbil, levan atendido 30.000 familias e tramitadas 140.000 consultas, asesorando sobre axudas, prestando apoio con trámites administrativos ou ofrecendo orientación en materia laboral
  • Precisamente para potenciar este último eido, o novo plan de formación permanente do Servizo Público de Emprego de Galicia, avaliado este luns no Consello da Xunta, estará tamén dispoñible por primeira vez para o persoal desta rede
  • Os servizos ofrecidos polas oficinas complétanse con apoios como as achegas extraordinarias ao retorno, das que se beneficiaron preto de 200 familias en Ourense en 2024 e cuxa nova convocatoria abre mañá o prazo cun orzamento de 2,3M€
  • Estas medidas enmárcanse na Estratexia Galicia Retorna, no marco da cal nas vindeiras semanas o Goberno autonómico impulsa feiras de emprego na Arxentina e no Uruguai, da man das empresas galegas

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, achegouse esta mañá á oficina móbil de retorno ao seu paso polo concello de Nogueira de Ramuín. Durante a visita —na que tamén estivo presente o alcalde do municipio, Julio Temes— reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia con ofrecer un servizo de cercania e un apoio integral e personalizado ás familias retornadas, con independencia da súa localización xeográfica.

O labor da oficina móbil percorrendo os concellos rurais e as vilas máis pequenas —que acumula xa arredor de 200 visitas desde 2023— compleméntase co desenvolvido nas cinco oficinas permanentes situadas nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago. Nelas lévanse tramitado arredor de 140.000 consultas desde a súa posta en marcha hai cinco anos, atendendo a 30.000 familias, preto de 3.000 só na área de Ourense.

Ao abeiro destas cifras, José González fixo fincapé en que a iniciativa —enmarcada no paquete de medidas da Estratexia Galicia Retorna— confírmase como unha ferramenta esencial para facilitar o retorno, a integración e o acompañamento permanente aos galegos e galegas que deciden regresar á súa terra. Nese senso, sinalou que Galicia é hoxe unha terra de oportunidades á que poden voltar para sumar o seu talento e capacidades ao mercado de traballo —ben por conta allea ou propia— contribuíndo a cubrir vacantes e tamén a afrontar o propio reto demográfico. Ademais, lembrou que a Xunta ofrece tamén achegas extraordinarias ao retorno para cubrir as necesidades derivadas do seu regreso. Precisamente, a convocatoria de 2025, dotada con 2,3M€, abre mañá o prazo de solicitudes. No balance de 2024, na provincia de Ourense concedéronse preto de 200 axudas a familias retornadas por valor duns 580.000€.

Acompañamento permanente no retorno

Entre os servizos que se ofrecen a través destas oficinas —tanto nas fixas como na móbil— atópanse o asesoramento sobre programas de apoio ao retorno, ofrecendo información actualizada sobre as axudas económicas e programas dispoñibles para facilitar a integración en Galicia. Tamén se brinda axuda nos trámites administrativos, prestando apoio na realización de xestións relacionadas coa sanidade, a vivenda, a educación, a Seguridade Social e outras cuestións importantes para a vida cotiá das persoas retornadas.

Ademais, inclúese orientación laboral, proporcionando asesoramento para a busca de emprego en Galicia e guía sobre a validación de títulos acadados no estranxeiro. A este respecto —e co obxectivo de contribuír de xeito máis eficaz a captar e reter o talento dos galegos e galegas do exterior— o Consello da Xunta vén de aprobar o novo plan de formación permanente do Servizo Público de Emprego de Galicia, que por primeira vez estará tamén dispoñible para o persoal destas oficinas de retorno.

Feiras de emprego na Arxentina e no Uruguai

Galicia é unha rexión pioneira a prol das políticas de retorno, impulsando medidas tanto no eido da conta propia como allea para facer fronte ao reto demográfico e responder a desafíos como a cobertura de vacantes e a remuda xeracional. Así, no marco da Estratexia Galicia Retorna, a Xunta tamén ten en marcha outras accións, como a atracción de perfís altamente cualificados a través das Bolsas BEME —cuxa 9ª convocatoria se pode solicitar ata o vindeiro 30 de abril— ou o Programa Retorna Cualifica Emprego, coa segunda edición aberta cun orzamento de 2,3M€ e co obxectivo de beneficiar uns 200 residentes no exterior menores de 55 anos deica finais de 2025. Ademais, nas vindeiras semanas impulsará feiras de emprego específicas na Arxentina (6 e 7 de marzo) e no Uruguai (10 de marzo) en coordinación coas necesidades das propias empresas galegas, que terán a oportunidade de captar talento en ambos países para facer fronte ás súas perspectivas de crecemento e garantir a súa competitividade.

Relacionadas

A Xunta asina 62 convenios con asociacións de pesca continental e salienta o seu...

0
Os acordos buscan promover labores de conservación e limpeza dos ríos na súa área de influencia e impulsar tamén a remuda xeracional nesta práctica...

Lete Lasa anima aos 22 rapaces e rapazas que inician unha nova tempada co...

0
_Destaca algúns dos éxitos do Froiz na tempada 2024, como a medalla de bronce da selección española no Team Relay do Campionato de Europa...

López Campos salienta a importancia de impulsar o galego nas propostas de lecer para...

0
Fai fincapé na relevancia de accións que fagan incrementar o uso do noso idioma nos espazos sociais, presenciais e dixitais, onde as novas xeracións...

A Xunta convoca cursos de formación continua para persoal das agrupacións de Protección Civil

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as accións formativas, que suman preto de 400 prazas e se impartirán a través da Academia Galega...

Ángeles Vázquez anima á cidadanía a elaborar os seus propios disfraces para reducir a...

0
Avoga por recuperar o carnaval máis tradicional onde os disfraces se facían con materiais que tiñamos pola casa, tal e como seguen facendo os...

A Xunta celebra que un científico de prestixio mudial como Ángel Carracedo se achegue...

0
— O conselleiro de Educación recibe ao experto en medicina xenética no CIFP Ánxel Casal da Coruña, onde visita os laboratorios do centro e...

Publicacións Relacionadas